Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 681 novas da área temática Familias:

18/04/2026 | 11:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta garante o apoio ás máis de 8.000 familias monoparentais con medidas como o novo beneficio fiscal para comprar vivenda ou o certificado dixital

Desde principios deste ano poden solicitar ou renovar o seu certificado en liña, o que reduce a documentación, axiliza os trámites e permite dispoñer dun sistema de rexistro

16/04/2026 | 15:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta blinda o comedor escolar como referente de calidade con menús comúns e saudables adaptados por motivos médicos, pero non relixiosos ou ideolóxicos

Román Rodríguez explica que Galicia “ten feitos os deberes” grazas ás medidas “tomadas moito antes” de que o Goberno do Estado aprobara o novo real decreto

16/04/2026 | 15:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que as casas niño, as casas do maior e a Tarxeta Benvida contribúen a fixar poboación e a dinamizar o rural

Galicia conta cun centenar de casas niño e arredor de 150 casas do maior, que no seu conxunto ofertan case 1.300 prazas gratuítas para a atención de nenos e maiores

16/04/2026 | 13:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitudes para as actividades da campaña de verán

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude conta nesta edición coa maior oferta da súa historia ao alcanzar un total de 11.932 prazas

15/04/2026 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta resolve conceder a Fogar e Clínica San Rafael a xestión da minirresidencia Casa da Quintán en Pontecaldelas

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, reuniuse coa directiva da entidade que xestionará ata 2028 este centro de atención especializada a nenos e adolescentes cunha medida de protección e problemas de saúde mental

14/04/2026 | 17:46 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que o novo punto de encontro familiar de Cervo abrirá o 1 de xullo e dará servizo aos 15 concellos da Mariña

Destínanse 155.000 euros anuais ao funcionamento deste recurso, que evitará que as familias teñan que desprazarse ata Lugo para realizar as visitas

14/04/2026 | 12:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 278.000 euros á nova escola infantil municipal de Begonte, que ofrece preto de 40 prazas públicas

Fabiola García destacou que con actuacións como esta, Galicia está a blindar o seu liderado na etapa educativa de 0 a 3 anos, que é totalmente gratuíta

09/04/2026 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda reforza a colaboración da Xunta coa Fundación “la Caixa”, que investirá 16 M€ este ano en Galicia

O responsable do Executivo autonómico asinou hoxe co presidente da entidade, Isidro Fainé, o acordo mediante o cal a fundación incrementa nun millón de euros o importe destinado a acción social, investigación, educación e cultura na Comunidade

05/04/2026 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inxectará máis de 600.000 euros ata 2028 para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar no concello de Porto do Son

Fabiola García destaca que Porto do Son foi o primeiro municipio xunto ao de Ponteareas en solicitar formalmente o aumento da achega da Xunta, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro