Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca a ampliación da EDAR de Sada como exemplo de compromiso da Xunta coa calidade das augas de Galicia
Subliña que incorporará tecnoloxías avanzadas, como un reactor biolóxico que permitirá tratar un 50% máis de carga contaminante nun 40% menos de espazo
A Xunta estende ao sistema do río Anllóns a prealerta por escaseza moderada de auga, que se mantén tamén nas concas do Lérez e do río Grande
A maiores, seguiranse aplicando medidas equivalentes no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés, e continuarase coa vixilancia e o seguimento reforzado sobre o subsistema de Zamáns
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo fluvial de preto de 13 quilómetros no río Ouro, en Alfoz
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 13 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta e Amicos implican a escolares de Ribeira na concienciación sobre a protección dos ríos e o uso responsable da auga
Roi Fernández destaca que este proxecto combina a divulgación sobre o coidado do medio ambiente e a inclusión social dos seus participantes
A Xunta somete a consulta pública os novos mapas de perigosidade e risco de inundación na demarcación Galicia-Costa para o período 2028-2033
A nova planificación incorpora dúas áreas con risco potencial de asolagamento en ríos de Oleiros e Ferrol, amplía unha xa existente no concello de Ponteceso e revisa 36 máis
A Xunta apoia o traballo das comunidades de usuarios de abastecemento de augas na xestión e no mantemento das redes en zonas rurais de Galicia
Ánxeles Vázquez sinala que Galicia afronta a influencia da dispersión da poboación na prestación de servizos de subministro de auga con diferentes solucións que buscan chegar a todos os lugares e a todos os cidadáns.
A Xunta instala 14 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación no río Magalofes, en Fene
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta e concello de Boimorto colaboran para a recuperación da contorna do sendeiro tradicional da ‘Gabia dos Ánxeles’
Ángeles Vázquez defende a mellora da accesibilidade das contornas fluviais para fomentar o seu uso responsable pola cidadanía
A Xunta e o Concello de Esgos avanzan no proxecto para a construción dun novo depósito de auga potable
Analizaron tamén a mellora do abastecemento nos núcleos da Cernada e Quinta do Monte, que podería obter financiamento ao abeiro de algunha das liñas de axudas de Augas de Galicia
Gómez Caamaño avanza que a Xunta destinará 180.000 euros a financiar o gasto que fagan os concellos afectados polos lumes no control das augas
Refire que a Xunta deseñou un plan de actuacións extraordinarias nas augas de consumo nos concellos afectados polos lumes, combinando medidas de autocontrol con inspeccións extraordinarias de saúde pública