Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.793 novas da área temática Economía:

31/03/2026 | 15:24 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a Xunta aprobará antes do verán unha nova convocatoria das axudas para fomentar a construción en madeira

Son axudas que poden chegar ata o 70 por cento do gasto subvencionable e que cobren a utilización de produtos en madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma tanto de naves e establecementos como de vivendas unifamiliares; así como a redacción dos respectivos proxectos

27/03/2026 | 14:59 | C. de Economía e Industria

Lorenzana adianta que a Xunta traballa nunha nova edición da aceleradora de internacionalización Galicia avanza cun orzamento de case 1,2 M€

Neste programa, financiado polo Igape, levan participado máis dun cento de empresas en catro edicións

26/03/2026 | 09:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre mañá o prazo de adhesión para os negocios que desexen adherirse á campaña dos bonos Activa Comercio deste 2026

O DOG publica hoxe a orde que regula este aspecto e que permite aos establecementos que desexen participar inscribirse unha única vez para todas as edicións que se convoquen durante o ano a prol da simplificación administrativa

25/03/2026 | 18:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo o papel do emprendemento innovador como motor de crecemento económico en Galicia

A directora de XesGalicia, Raquel Rodríguez, participa na inauguración da 19ª edición dos Premios EmprendeXXI, onde pon en valor o ecosistema galego de apoio ás startups e á innovación empresarial

25/03/2026 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende unha transición enerxética coherente e sen posturas dogmáticas que condenen as empresas e a cidadanía

“As transicións deben ser graduais, e non poden levar a que unha parte da poboación non poida chegar a fin de mes, ou unha parte das empresas non poidan sufragar os custos enerxéticos”, di

25/03/2026 | 13:07 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia que a Xunta destinará un total de 270 M€ a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade

Sinala que o vindeiro Consello do Goberno galego autorizará un plan de máis de 150 M€ que se sumará aos máis de 120 M€ que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central

24/03/2026 | 15:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda aposta pola colaboración público-privada para fomentar un crecemento sustentable e respectuoso co territorio

Salienta que para que “Galicia medre ben” é preciso “un tecido económico comprometido” co medio ambiente, o bo goberno e o impulso das novas tecnoloxías

22/03/2026 | 10:03 | C. de Economía e Industria; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica o potencial de Galicia para desenvolver enerxía eólica mariña

Manifesta a intención do Executivo galego de estar na primeira poxa que se convoque a nivel nacional para implantar parques eólicos mariños