Rueda asiste ao salón do automóbil Beijing Autoshow na súa xira chinesa para explorar relacións comerciais e económicas co país asiático

Pekín (China), 24 de abril de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe o salón do automóbil Beijing Autoshow, considerado como o maior salón destas características do mundo cunha superficie de 380.000 m² repartidos en dous recintos.

O percorrido por esta feira chega despois dunha xornada na que a delegación galega mantivo diferentes encontros con empresas locais vencelladas ao mundo da automoción para explorar novas relacións comerciais e económicas entre ambas rexións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/04/2026