Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.114 novas da área temática Formación:

13/03/2026 | 14:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa unha nova edición do ‘Pasaporte Solidario’ con máis de 1.000 participantes

O programa busca favorecer que o alumnado de Primaria, Secundaria e Formación Profesional leve a cabo accións de voluntariado con impacto real na súa contorna

13/03/2026 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca o labor do Instituto do Castro no reforzo das competencias do alumnado, a inclusión e o benestar

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita o centro, que forma parte do Programa Centros Referentes impulsado pola Consellería de Educación

13/03/2026 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta, Universidade da Coruña e Concello de Ferrol acordan o calendario para a construción do novo centro de investigación do Campus industrial

O EI3 contará cun investimento de case 14 M€, financiados pola Xunta a través de fondos propios e europeos, e a previsión é comezar as obras a finais deste ano

13/03/2026 | 11:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a FP adaptada para asegurar a formación dos colectivos máis vulnerables e abrirlles portas ao emprego

Román Rodríguez salienta que esta vía formativa “única e exclusiva de Galicia” está pensada para “dar máis oportunidades ás persoas que más o precisan”

13/03/2026 | 10:48 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novas probas para obter a certificación galega de competencias dixitais de nivel intermedio

As inscricións poden realizarse desde o luns, 16 de marzo, ata o mércores, 25 de marzo, a través da Rede CeMIT

12/03/2026 | 20:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo participa no acto académico de entrega de becas e insignias no Colexio Maior La Estila de Santiago

A delegada da Xunta  destacou a importancia das institucións universitarias e dos colexios maiores como espazos de formación integral, nos que, ademais da excelencia académica, se fomentan valores como o esforzo, a convivencia e o compromiso coa sociedade

12/03/2026 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a adxudicación do cambio de cuberta do Colexio Plurilingüe O Cruce por case medio millón de euros

O conselleiro de Educación, acompañado pola delegada da Xunta na Coruña, visita este centro en Cerceda e destaca un investimento de 8 M€ en obras na Costa da Morte

12/03/2026 | 14:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a renovación da formación para o emprego e o seu plan de atracción de talento co fin de cubrir as vacantes laborais existentes

José González destaca o redeseño das principais ordes formativas e o novo ‘Galicia Suma Talento: Emprégate’, que pecha o círculo da empregabilidade priorizando por primeira vez a contratación de persoas formadas a través de programas autonómicos

12/03/2026 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta felicita ao alumnado da Escola Mestre Mateo que expón a súas creacións na Fundación Eugenio Granell de Santiago

A directora xeral de FP visita a exposición Despunte 2026 cos mellores proxectos finais de Deseño de Produto, Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística

11/03/2026 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo informa que mañá remata o prazo para que as asociacións de comerciantes soliciten os 2,5 M€ en axudas da Xunta para a dinamización do comercio local

Belén do Campo lembrou que poden optar ás axudas as asociacións de comerciantes de carácter territorial e sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, cunha antigüidade mínima de tres anos, que representen, como mínimo, 50 negocios retallistas