Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 828 novas da área temática Industria:

16/10/2025 | 13:53 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o transporte de mercadorías para contribuír á competetividade económica da comunidade

Diego Calvo reclama concrecións sobre o Plan Director do Corredor Atlántico de Mercadorías e esixe ao Goberno central avances en infraestruturas ferroviarias pendentes que afectan á conexión da provincia ourensá como a modernización das liñas Ourense–Monforte–Lugo, Vigo–Redondela–Guillarei–Ourense ou Ourense–Zamora

16/10/2025 | 12:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do Contract como exemplo do talento e da capacidade industrial galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na inauguración da XV Semana Internacional Contract Galicia onde subliña que este sector representa “a nova Galicia industrial: creativa, sostible e aberta ao mundo”, con máis de 7.000 empregos e unha facturación que supera os 400 millóns de euros anuais

14/10/2025 | 16:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana urxe un marco regulatorio para o sector da automoción adaptado á realidade do mercado e das empresas

Subliña que debería estar xa “inmediatamente aprobado e en aplicación”

14/10/2025 | 11:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia con Gabadi a rolda de reunións coas empresas interesadas en participar na Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo

Con esta xuntanza o Goberno galego dá comezo ao proceso de análise das 78 propostas recibidas no diálogo estratéxico coa industria 

13/10/2025 | 18:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta anuncia que Galicia será o primeiro banco de probas en España do Ceo Dixital Europeo, programa creado para impulsar un tráfico aéreo máis moderno e sustentable, estará en Galicia

A Empresa Común Sesar JU (Single European Sky ATM Research Joint Undertaking) é unha asociación público-privada europea que ten como obxectivo modernizar a xestión do tráfico aéreo en Europa, impulsando o concepto de "Ceo Dixital Europeo”

13/10/2025 | 16:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta inviste 44.600 euros na mellora da seguridade viaria e da iluminación do polígono industrial de Monterroso

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a modernización das infraestruturas contribúe á fixación de empresas e á creación de emprego

10/10/2025 | 13:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece acompañamento “de principio a fin” ás empresas que queiran investir na provincia

O delegado territorial, Javier Arias, participou na inauguración do foro internacional Corredor Galicia-Asia, onde animou ás firmas lucenses a seguir contando co apoio do Goberno galego nos seus procesos de internacionalización

09/10/2025 | 15:41 | C. de Economía e Industria

Medio cento de estudantes galegos deseñan o seu propio satélite no marco das actividades da Semana Mundial do Espazo en Galicia promovidas pola Xunta

Participan nun hackaton organizado en Nigrán coa colaboración das empresas UARX Space e Airbus así como da Universidade de Vigo