Actualidade
Buscador de novas
López Campos salienta a relevancia da pegada académica e sociocultural para Galicia que Ángel Luis Hueso traza no seu libro ‘Retallos de cine’
O volume recolle medio século de evolución do ensino e dinamización cinematográfica a través da traxectoria vital e profesional do profesor, con especial dedicación á época na que impartiu Historia do Cine na universidade compostelá
Os Premios da Cultura Galega 2025 recaen na Editorial Galaxia, a Bienal de Pontevedra, a mostra de Teatro Cómico de Cangas, as Bodegas Martín Códax, Baños Films, a campaña ‘Aquí tamén se fala’, Antón Corral e o programa radiofónico ‘Sempre en Galicia’
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
Valentín García gaba “as iniciativas locais que seguen a celebrar o ‘Ano Castelao’ co apoio da Xunta”
O secretario xeral da Lingua participa na Coruña na presentación das xornadas ‘Castelao e o seu tempo’, que inclúen varios relatorios sobre unha das figuras máis destacadas da cultura galega e coas que colabora o Goberno galego
O Centro Dramático Galego coproduce en Portugal o espectáculo ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ que se estrea no Porto
O Rivoli do Teatro Municipal do Porto acolle os días 7 e 8 as primeiras funcións desta montaxe, que en decembro poderá verse tamén en Lisboa e Santiago de Compostela
Valentín García pon en valor “os avances da Xunta para intensificar a presenza do galego no eido dixital”
O secretario xeral da Lingua participa en Donostia nunha xornada dedicada ao impulso dos distintos idiomas oficiais do Estado na Intelixencia Artificial
Valentín García traslada a importancia de que "os programas de xestión do Estado atendan á realidade plurilingüe"
O secretario xeral da Lingua participa na constitución do novo Consejo de las Lenguas Oficiales, destinado ao seguimento e asesoramento en materia de política lingüística
A Xunta impulsa máis de 60 actividades para celebrar o ‘Mes da ciencia en galego’ nas bibliotecas
Ao longo de novembro organízanse obradoiros, exposicións, contacontos, conferencias e experimentos dirixidos a todas as idades
Valentín García subliña a importancia da formación en normalización lingüística desde a educación superior
O secretario xeral da Lingua clausura na USC o curso ‘Microcredencial en mestres e mestras polo galego’, unha formación específica que ofrece por primeira vez a institución académica coa colaboración da Xunta de Galicia
A Xunta mantén a súa aposta por Culturgal nunha edición que bate récords con 225 actividades programadas
A Administración autonómica repite principal entidade financiadora do evento, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra