Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 255 novas da área temática Xacobeo:

03/02/2025 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As axudas da Xunta para rehabilitación de vivendas nas ARIS do Camiño de Santiago mobilizaron preto de 155.000 euros en investimentos en Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a unha das beneficiarias deste programa da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que ten aberta unha nova convocatoria

01/02/2025 | 13:28 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a oportunidade que supón o turismo náutico para consolidar Galicia coma un destino atractivo durante todo o ano

Salienta que a comunidade pechou 2024 con cifra récord de turistas ao superar os 8,2 millóns de visitantes, fronte “aos cinco millóns de 2019”

20/01/2025 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a convocatoria de axudas para as áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para 2025 cun investimento de 1 M€

En concreto, para a ARI dos Camiños a dotación será de 800.000 euros, e no caso da Ribeira Sacra de 200.000 euros

28/12/2024 | 11:45 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo pon a disposición do persoal e usuarios da rede pública de albergues do Xacobeo unha guía de boas prácticas para facer o Camiño máis inclusivo e accesible

A iniciativa enmárcase no proxecto europeo ULTREIA-Sudoe no que colaboran a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e outras entidades de España, Francia e Portugal

17/12/2024 | 13:03 | Axencia de Turismo de Galicia

O Son do Camiño revela os primeiros nomes do cartel encabezado por Kings of Leon, Duki e Bryan Adams que se celebrará en xuño co apoio da Xunta

Cunha asistencia anual próxima ás 130.000 persoas e un 41% de público internacional acadado en 2024, a cita congrega cada ano miles de asistentes no Monte do Gozo 

16/12/2024 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 374.000€ na humanización do Camiño Portugués en Soutomaior coas axudas para proxectos estratéxicos do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visita o concello para coñecer as obras previstas, presupostadas en case 750.000 euros

02/12/2024 | 13:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta concede o Premio Elías Valiña 2024 á Asociación Bretoa dos Amigos de Santiago e á Fundación San Antón por revitalizar o Camiño

O galardón, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, é compartido ao ter ambas as puntuacións máis altas entre as candidaturas presentadas

28/11/2024 | 19:39 | Axencia de Turismo de Galicia

A revista científica ‘Ad Limina’ premiada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño

Turismo de Galicia edita esta publicación desde 2010 e desde 2016 conta cunha versión dixital que multiplicou o seu impacto na comunidade xacobea

12/11/2024 | 13:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a importancia de divulgar entre os máis pequenos os valores das rutas xacobeas

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañou esta mañá no centro cultural Torrente Ballester aos escolares que participan na quinta edición do Festival Escolar do Camiño Inglés organizado pola Fanpa Ferrolterra

16/10/2024 | 20:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martina Aneiros lembra que o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación para os ARI dos Camiños de Santiago remata o próximo 23 de outubro

Destaca que esta orde de axudas “é un exemplo da política do Goberno galego de aposta pola rehabilitación e a conservación do patrimonio construído”