Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca que os fondos Leader mobilizaron 1.000 M€ nos últimos 35 anos e reivindica unha nova PAC que manteña o apoio ao desenvolvemento rural
Subliña que nestas máis de tres décadas permitiu “consolidar 7.300 empregos e crear outros 5.300”
A Xunta destaca o labor do Instituto do Castro no reforzo das competencias do alumnado, a inclusión e o benestar
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita o centro, que forma parte do Programa Centros Referentes impulsado pola Consellería de Educación
A Xunta abre hoxe o prazo para solicitar os avais para a compra da primeira vivenda, cun orzamento de 5 M€
O departamento que dirixe M. Allegue avalará os préstamos hipotecarios solicitados por menores de 36 anos para compra da súa primeira vivenda e, no caso de adquisición de vivenda protexida, non existe límite de idade para poder acceder aos avais
A Xunta abre o martes o período de solicitude de praza nas escolas infantís públicas autonómicas
Os pais e nais poderán solicitar unha das máis de 10.500 prazas ofertadas ata o vindeiro 7 de abril
Xunta, Universidade da Coruña e Concello de Ferrol acordan o calendario para a construción do novo centro de investigación do Campus industrial
O EI3 contará cun investimento de case 14 M€, financiados pola Xunta a través de fondos propios e europeos, e a previsión é comezar as obras a finais deste ano
A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas para a mellora de infraestruturas de establecementos turísticos
Poderán solicitarse ata o 13 de abril, e cubrirán ata un 60% do orzamento total, cun importe máximo de 60.000€
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novas probas para obter a certificación galega de competencias dixitais de nivel intermedio
As inscricións poden realizarse desde o luns, 16 de marzo, ata o mércores, 25 de marzo, a través da Rede CeMIT
Belén do Campo participa no acto académico de entrega de becas e insignias no Colexio Maior La Estila de Santiago
A delegada da Xunta destacou a importancia das institucións universitarias e dos colexios maiores como espazos de formación integral, nos que, ademais da excelencia académica, se fomentan valores como o esforzo, a convivencia e o compromiso coa sociedade