Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 325 novas da área temática Facenda:

11/10/2024 | 16:45 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos pon en valor o crecemento sostido da economía galega como garante duns orzamentos que trasladan certezas ás familias e ás empresas

O conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse hoxe co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e coas organizacións sindicais para dar a coñecer as liñas xerais dos Orzamentos do vindeiro ano

04/10/2024 | 20:01 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda defende unha reforma do financiamento autonómico nun marco multilateral

Sostén que cómpre seguir loitando para “que a igualdade básica entre todos os españois se manteña”

04/10/2024 | 12:09 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos advirte dos prexuízos para Galicia da xeneralización do sistema de concerto, tal e como alertan os expertos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública salienta as conclusións dun informe técnico presentado polo Foro Económico de Galicia que incide nas perdas económicas para a Comunidade galega da extensión das cotas por territorio

30/09/2024 | 15:37 | C. de Facenda e Administración Pública

Os atrasos do Goberno central no aboamento das entregas a conta costáronlle aos galegos e as galegas 10,3 M€ en intereses

As liñas de crédito que tivo que utilizar a Tesourería da Comunidade para facer fronte a estas demoras xa foron devoltas e non hai previsión de que teñan que volver a empregarse no que resta de ano

25/09/2024 | 12:56 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta pedirá reunións con cada ministerio para insistir nas demandas prioritarias trasladadas a Pedro Sánchez

O presidente da Xunta sinala no Parlamento que el mesmo se dirixirá ao ministro de Política Territorial para que convoque esta mesma semana a Comisión mixta de transferencias para a xestión do litoral

24/09/2024 | 14:46 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos advirte de que a saída de Cataluña do réxime común suporía un maior prexuízo para Galicia coa actualización das cifras do Goberno central

A liquidación definitiva do Sistema de Financiamento Autonómico para o 2022 deixaría á Comunidade galega con 628 millóns de euros menos

24/09/2024 | 12:36 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta amplía os prazos para solicitar as axudas á conectividade destinadas a persoas vulnerables, polígonos e edificios

Estas medidas están enmarcadas no Programa UNICO, impulsado polo Goberno do Estado, que establece os requisitos para ser beneficiario

23/09/2024 | 15:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda salienta que a Conta Xeral ratifica que en 2023 Galicia cumpriu un ano máis cos obxectivos de déficit e débeda fixados no seu orzamento

Destaca os bos datos que rexistran as contas da Administración autonómica “sen que se resinta o esforzo inversor”

20/09/2024 | 17:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda reclama a Pedro Sánchez avances nas infraestruturas de transporte, financiamento para proxectos industriais e traspaso de competencias

Reclama que se convoque canto antes a Comisión Mixta de Transferencias para que o Estado traspase o persoal e medios materiais necesarios para a xestión do litoral

20/09/2024 | 15:56 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aposta por un modelo fiscal propio con rebaixas de impostos para os que máis o necesitan e uns servizos públicos de calidade blindados

A directora xeral da Axencia Tributaria de Galicia, Sonia Lafont, compareceu hoxe na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos