Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 781 novas da área temática Goberno galego:

28/10/2025 | 16:59 | C. do Medio Rural

Medio Rural incrementa nun 1 % o seu orzamento, ata 708 M€, para impulsar a ordenación do territorio, a calidade agroalimentaria e a remuda xeracional

As diferentes actuacións que se levarán a cabo estrutúranse en tres eixos fundamentais: ordenación do territorio e equilibrio rural; calidade e apoio á seguridade da produción; e innovación, emprendemento e futuro do sector

28/10/2025 | 13:17 | C. de Sanidade

As contas de 2026 consolidan a aposta polo reforzo de persoal na sanidade pública, con 2.460 M€ orzamentados e a creación de 1.244 prazas

Aumenta un 4,75 % o investimento en atención primaria, que chega ata os 1.747 M€, e permitirá crear, entre outras, 77 novas prazas para os Puntos de Atención Continuada

28/10/2025 | 12:29 | C. do Mar

Mar eleva o seu orzamento en 2026 ata os 225,6 M€ co fin de impulsar unha economía azul sostible e a competitividade da pesca e da acuicultura

Este esforzo inversor, que supón un 2,2% máis que o realizado no pasado exercicio e é o máis elevado dos últimos quince anos, dá resposta a un decálogo de liñas estratéxicas co que a Xunta aposta polo conxunto da cadea mar-industria galega

27/10/2025 | 15:30 | A Presidencia da Xunta
27/10/2025 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforma as ramplas de acceso do CEIP Pedro Antonio Cerviño para mellorar a súa accesibilidade

Esta actuación contou cun investimento da Xunta de preto de 25.000 euros

25/10/2025 | 10:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta incrementa en 160 millóns o orzamento para profesorado desde a sinatura do acordo de mellora do ensino

O conselleiro de Educación participa na apertura dunha xornada de formación para desenvolver a función directiva

25/10/2025 | 10:08 | A Presidencia da Xunta

Rueda agradece a Mohamed Mehdi o seu traballo e dedicación para manter vivos os vínculos de solidariedade entre Galicia e o pobo saharauí

Aabidim Bucharaya foi nomeado como novo delegado para Galicia polo Ministerio de Asuntos Exteriores da República Árabe Saharauí

24/10/2025 | 18:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a súa aposta pola innovación industrial con cinco novas liñas de apoio que superan os 47 M€ nos Orzamentos de 2026

Os Orzamentos da Consellería de Economía e Industria ascenden a 453,8 M€, un 6 % máis que no pasado exercicio porque, pese a perder 41,7 M€ do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (MRR), increméntanse os fondos propios

24/10/2025 | 14:20 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o investimento de Lonza Biologics no Porriño e enxalza o crecemento do sector biotecnolóxico galego

Actualmente, Galicia conta con máis de 70 empresas centradas na biotecnoloxía e máis de 160 que desenvolven produtos ou servizos baseados nesta, cun crecemento do 6% en emprego con 1.700 profesionais

24/10/2025 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e Igualdade contará en 2026 cun orzamento histórico de 1.391 M€, que permitirá superar as 100.000 persoas dependentes atendidas

A Consellería sitúase como o departamento da Xunta que máis medra, cunha suba do 5%, o que permitirá reforzar as políticas de atención á dependencia, discapacidade, familia, inclusión e loita contra a violencia de xénero