Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.946 novas da área temática Infraestruturas:

13/04/2026 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de estabilización do noiro do tramo da AG-57 afectado polo temporal ao seu paso por Gondomar, tras un investimento de case 110.000 €

Esta fin de semana procedeuse xa á reapertura do carril cortado ao tráfico sentido Baiona no tramo da autovía do Val Miñor que permaneceu pechado durante as obras

12/04/2026 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe unha oferta para a construción e concesión dunha cafetería no ámbito PS5 dos terreos da antiga ETEA en Vigo

O orzamento para a construción da cafetería estímase en 405.891€, mentres que para a fase de explotación, o valor estimado ascende a 9,8M€

11/04/2026 | 20:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ultima as obras de mellora na residencia de maiores pública autonómica de Marín

Invístense 1,5 millóns de euros en reordenar os espazos interiores do centro para que as persoas usuarias gañen en comodidade e para mellorar a súa accesibilidade e eficiencia enerxética

11/04/2026 | 19:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cede ao concello da Estrada un inmoble para o traslado da unidade de atención temperá, á que asisten máis de 40 nenos e nenas

A conselleira destaca que o Goberno galego destina cada ano máis de 85.000 euros para impulsar este servizo no municipio

11/04/2026 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€

O obxectivo do fondo é financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes a través de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver en 8 anos

11/04/2026 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 3,5 M€ a renovación do firme en 10 estradas autonómicas ao seu paso por sete concellos da provincia da Coruña

Trátase de actuar nas estradas VG-1.3, AC-161, AC-162, AC-163, AC-164, AC-173, AC-183, AC-230, AC-408 E AC-409, ao seu paso polos concellos de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras

10/04/2026 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña renova o parque de bombeiros comarcal en Arteixo

O director xeral de Emerxencias e Interior participou na entrega das obras das novas instalacións, impulsadas de xeito conxunto polo Goberno galego, a Deputación Provincial e o Concello

10/04/2026 | 14:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aplica un novo pavimento no adarve da Muralla no treito rehabilitado á altura da rúa do Moucho

O delegado territorial, Javier Arias, explica que forma parte dos estudos para avaliar a durabilidade, eficacia e viabilidade de novos materiais no chan do monumento

09/04/2026 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o avance no proxecto ‘Ferrol. Cidade do Deporte’ coa execución das obras de modernización dos pavillóns do recinto feiral de FIMO

O convenio asinado en 2024 entre a Xunta e o Concello prevé actuacións en infraestruturas deportivas ferrolás por valor de 18M€, dos que o Goberno galego achega 9M€ entre este ano e 2029

09/04/2026 | 14:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural facilita alimentación para gando nunha explotación afectada polo incendio de Ponteareas

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu na mañá de hoxe á recepción do primeiro cargamento de alimentación para esta explotación, que conta con máis de 100 exemplares de vaca cachena en extensivo