Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental ao plan especial de protección do núcleo rural de Santa Eufemia no concello de Baños de Molgas
O informe ambiental estratéxico emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé efectos ambientais adversos significativos na contorna
A Xunta inicia en Viveiro os traballos para reducir o risco de inundación no núcleo da Tafona e mellorar a contorna do río Fontecova
Ángeles Vázquez destaca que esta actuación suporá un antes e un despois na protección das persoas e dos inmobles ante posibles asolagamentos cun investimento de preto de 1 millóns de euros, do que a Xunta aporta o 60%
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións ao plan para urbanizar a zona do complexo industrial do Grupo Empresas Álvarez en Vigo e construír ata 950 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos no ámbito de actuación, pero inclúe condicionantes para introducir melloras nalgunhas cuestións
A Xunta e Cretus avalían vías de colaboración para reforzar o papel de Galicia como referente en políticas ambientais e sostibilidade a nivel internacional
Coinciden en sinalar a celebración en Galicia da conferencia internacional da Sociedade para os Sistemas Socio-Ecolóxicos como unha oportunidade para visibilizar as prácticas e iniciativas galegas no eido da sostibilidade e da conservación da biodiversidade
A Xunta desenvolve en Lugo unha acción de concienciación para reforzar a recollida separada de biorresiduos
O delegado territorial informou desta iniciativa, enmarcada na campaña ‘Co marrón somos máis verdes’, e animou á cidadanía a facer unha correcta separación dos residuos domésticos para avanzar no modelo de economía circular
A Xunta demanda unha maior coordinación entre os organismos públicos de xestión da auga para optimizar os servizos prestados á cidadanía
Ángeles Vázquez destaca a importancia de intensificar a colaboración neste eido para atender mellor as necesidades da poboación e avanzar cara a unha Administración máis áxil, máis dixital e máis preparada para os retos futuros
Martina Aneiros participa nunha xornada de Inspiradores polo Clima para impulsar o talento novo no ámbito ambiental
A delegada territorial da Xunta en Ferrol animou aos 29 alumnos participantes na visita á Finca Horticina-Cool Farms en Cerdido a aproveitar as oportunidades da actividade
A Xunta e o Concello de Cartelle avalían vías de colaboración para ampliar a rede de saneamento municipal e que chegue ao lugar de Doniz
O persoal de Augas de Galicia estudará o proxecto técnico que vai presentar o Goberno local co fin de avanzar no compromiso de financiamento das intervencións necesarias
A Xunta destaca os máis de 118 M€ investidos nos últimos 10 anos en Sogama para mellorar a xestión dos residuos domésticos e os 100 M€ previstos ata 2030
Javier Domínguez pon en valor importantes actuacións como os máis de 30 M€ destinados á ampliación ao Complexo Medioambiental de Cerceda ou os 45 M€ da posta en marcha da rede de infraestruturas para a compostaxe da materia orgánica