Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 975 novas da área temática Territorio:

11/03/2026 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello de Ribeira acordan o emprazamento da nova residencia pública de maiores

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou a parcela escollida, situada no lugar de Cruxeiras, con vistas ao mar e próxima ao núcleo urbano

05/03/2026 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras para completar a humanización e mellora da accesibilidade do núcleo de Moreiras, no concello de toén

Manuel Pardo destacou que esta actuación é froito dun acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o concello, que supuxo un investimento total de preto de 355.000 euros, dos que o 70% foi unha achega do Goberno galego

04/03/2026 | 19:05 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca como o Plan Renova o teu vehículo contribuíu a que Galicia lidere o incremento de matriculacións en España

Salienta que o mes pasado os concesionarios galegos venderon máis de 2.800 vehículos e, no que vai de ano, son xa máis de 5.000 unidades

03/03/2026 | 17:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora coa Federación Galega de Piragüismo para crear a primeira Rede Galega de Voluntariado Náutico

Esta axuda enmárcase na liña de subvencións con cargo ao 0,7% do IRPF para programas sociais dirixidos á mocidade e ao voluntariado na que o Goberno galego inviste 1,7M€

03/03/2026 | 16:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre ao tráfico un dos carrís do tramo da AG-57 ao seu paso por Gondomar afectado polo temporal

A Xunta segue a traballar na reparación do noiro que se desprendeu o pasado día 10 de febreiro por mor das fortes e continuadas choivas

02/03/2026 | 17:25 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de tarde da folga de facultativos de atención primaria acada o 5,96 % na sanidade pública galega

A Consellería de Sanidade insta ao sindicato O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido

02/03/2026 | 16:48 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García traslada ao alcalde de Cartelle o compromiso da Xunta cos servizos sociais no rural

A conselleira de Política Social e Igualdade avanzou que grazas ao acordo da Xunta e a Fegamp este municipio recibirá 514.000 euros ata 2028, o que supón unha inxección de máis de 151.000 euros para o servizo de axuda no fogar