Actualidade
Buscador de novas
Turismo de Galicia sitúa o Ouren Sound Fest entre os festivais máis destacados da programación de Concertos do Xacobeo
Xosé Merelles subliñou a contribución de eventos deste tipo á proxección turística do territorio e lembrou que o pasado ano rexistrou récord de asistencia con máis de 14.000 afeccionados á música en directo
O Festival (S8) afiánzase co apoio da Xunta como referente do cinema experimental nunha edición con 20 películas galegas
O 17ª certame recibe preto de 47.000 euros a través da convocatoria anual a festivais audiovisuais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A Xunta destina 176.000€ a tres longametraxes de dirección novel e oito curtas coas que se impulsa o talento audiovisual galego
Finánciase a realización de seis obras en formato curto, a posprodución doutras dúas e a produción de tres longas, todas elas en versión orixinal galega
A longametraxe `Outono´desenvolve a súa rodaxe en Galicia co financiamento da Xunta á súa produción
O Goberno galego apoia este proxecto da produtora galega Indígena Films xunto a Aquí y Allí Films e 3040 Cine cunha achega de 280.000 euros a través das subvencións ao sector audiovisual
A Casa de Galicia en Madrid impulsa o talento emerxente coa presentación de 'A CONTRA', o novo traballo de Santervás
O director da Casa de Galicia destacou o apoio da Xunta ao talento emerxente e aos proxectos musicais innovadores en lingua galega
López Campos valora a singularidade do Festival de Cans para promover cinema e música desde o rural
Sinalou que o certame, que se celebra do 19 ao 23 de maio na aldea porriñesa, inclúese nas axudas autonómicas a eventos audiovisuais de carácter profesional
A Xunta de Galicia contribúe con 310.000 euros á organización de 11 festivais do sector audiovisual
O Play-Doc de Tui, (S8) e Intersección da Coruña, Curtocircuíto e MICE de Santiago de Compostela, FICBUEU, Festival de Cans no Porriño, Novos Cinemas de Pontevedra, Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, Carballo Interplay e Galician Freaky Film Festival de Vigo son os certames subvencionados en 2026
López Campos sitúa o filme de Ángel Santos ‘Así chegou a noite’ como reflexo do talento e calidade do audiovisual galego
Subliñou que a Xunta destina este ano ao sector preto de 8 M€ en axudas ás distintas fases do proceso de creación e distribución
Xunta e Paideia celebran con Law e Amoebo o primeiro concerto de 'Sonemerxente+', co que se está a reforzar o impacto de cinco proxectos musicais galegos
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais reúnese nos Estudios Mans cos artistas destinatarios deste programa de acompañamento profesional que avanza nos obxectivos das dúas anteriores edicións
A Xunta difunde o audiovisual en galego entre o alumnado universitario e de formación profesional
As tres facultades de Comunicación galegas e catro centros de ensino medio de Imaxe e Son acollerán cadansúa xornada a cargo de responsables da produción en activo