Actualidade
Buscador de novas
Rueda participa no acto de recepción da obra ‘Santa’, de Francisco Asorey, no seu regreso definitivo a Galicia
A escultura, que retorna á comunidade 100 anos despois da súa creación, poderá visitarse na Cidade da Cultura
Rueda defende a Galicia do exterior como un motor clave para a atracción de talento e o crecemento da comunidade
Salienta a importancia da colaboración entre as institucións e as entidades financeiras estratéxicas para impulsar o crecemento do tecido empresarial e o apoio ás pemes e autónomos
A Xunta acompaña á mocidade galega do exterior no inicio da nova edición do programa ‘Conecta con Galicia no Camiño’
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata
A Xunta pon de relevo no Porto do Son a importancia de preservar a memoria da emigración como parte do patrimonio colectivo de Galicia
O secretario xeral da Emigración participou na presentación do libro ‘Sonenses en América e americanos en Porto do Son’ e na inauguración da exposición ‘A memoria da emigración nas familias de Porto do Son’, promovida polo Concello e financiada polo Goberno galego
A Xunta pon en valor a Estratexia galega de captación de talento en beneficio do emprendemento e o emprego
Apostando pola colaboración público-privada, José González destaca a futura Estratexia de emprendemento ligado ao territorio ou a Galicia Retorna que avoga por atraer os residentes no exterior ao mercado laboral galego, por conta propia ou allea
Fabiola García denuncia que o Goberno central recórtalle a Galicia o 82% dos fondos para a atención aos menores migrantes non acompañados
Explica que a comunidade galega recibirá 740.000 euros, unha cantidade “que non supón nin o 5%” do que custa a atención no sistema de protección
A Xunta reforza a coordinación coas asociacións venezolanas e cos centros galegos para apoiar ás persoas afectadas polos terremotos rexistrados
Na xuntanza participaron representantes da Hermandad Gallega de Venezuela e da Federación de Centros Españoles de Venezuela, así como da Federación Venezolana de Galicia e das asociacións venezolanas nas catro provincias galegas
A Xunta enxalza a contribución da emigración galega ao progreso socioeconómico de Galicia
José González salienta o apoio autonómico ao retorno coa Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, que abarca máis de 100 medidas de axuda e acompañamento e dotada con 450 M€ para facilitar que milleiros de galegos poidan volver á comunidade
A Xunta impulsa a formación de preto de 50 mestres de entidades galegas do exterior que difundirán o baile e a música tradicional de Galicia por América e Europa
Desde hoxe ata o 20 de xullo o alumnado de Escolas Abertas —dunha idade media de 35 anos— recibirá formación especializada nas modalidades de baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste eido