Actualidade
Buscador de novas
A Xunta amplía o ensaio de limpeza da muralla con bioherbicidas ao tramo completo entre a Porta Falsa e a de Bispo Odoario
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, subliña que os resultados invitan a triplicar a superficie da pasada campaña e estender o tratamento no 25% da superficie exterior do monumento
A Xunta licitará nos vindeiros días a restauración do retablo maior da igrexa de Santa María de Arbo
A actuación, que conta cun orzamento de 90.600€, centrarase en reparar as alteracións provocadas polas humidades e por outros retoques anteriores
Preto de 450.000 persoas visitaron o Parque Nacional das Illas Atlánticas na tempada de verán, un dato que confirma a tendencia ascendente dos últimos anos
Ángeles Vázquez salienta tamén que no desde xaneiro os catro arquipélagos recibiron algo máis de 478.000 visitas, un balance que practicamente iguala ao de todo o ano anterior á falta aínda de máis de tres meses para pechar o exercicio
A Xunta promove o coñecemento e a participación das persoas xordas e xordo-cegas nas actividades de divulgación do patrimonio natural galego
Marisol Díaz lembra que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático leva anos colaborando coa FAPXG para a posta en marcha diferentes accións, como a organización de visitas guiadas con intérpretes de lingua de signos
López Campos anuncia en Sarria o remate para outubro das obras de conservación na igrexa de Santa Mariña
A actuación, que conta cun orzamento de 546.647€, enmárcase nas achegas da Xunta de Galicia para o mantemento e posta en valor do patrimonio da Comunidade
A Xunta reitera a súa solicitude para que o Goberno central permita o acceso completo ao Pazo de Meirás
O director xeral de Cultura lamenta que non se poidan visitar todos os espazos, transcorridos case seis anos desde a recuperación do Estado da titularidade
Belén do Campo supervisa o resultado das obras do pintado exterior da igrexa de Santa Eufemia de Vilouchada en Trazo que contaron cun apoio da Xunta de máis de 15.000€
A delegada da Xunta e a alcaldesa comprobaron o resultado desta actuación, que se suma á realizada o ano pasado de acondicionamento e pintado da parte interior desta igrexa protexida ao ter consideración de ben catalogado
A Xunta adxudica unha intervención na fachada da capela do Rosario do Mosteiro de Sobrado por 48.000€
A actuación céntrase na restauración de tres columnas que presentan varias fisuras con risco de desprendemento