Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.350 novas da área temática Cultura:

07/07/2026 | 17:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo mantén un encontro con representantes da asociación “Negreira Viva” para coñecer o labor que desenvolve na dinamización cultural e turística do municipio

A representante do Goberno autonómico puxo en valor o traballo do colectivo na organización do Entroido do Verán do Cristobaliño, unha cita que cada ano reúne a centos de persoas e contribúe á promoción de Negreira

07/07/2026 | 15:24 | Axencia de Turismo de Galicia

Portamérica volve fusionar música, gastronomía e comunidade co apoio dos concertos do Xacobeo

O cartel reúne artistas como Rigoberta Bandini, Dani Martín, Hombres G, Amaia, Xoel López, Eliades Ochoa ou Instituto Mexicano del Sonido, creando unha ponte cultural entre España e Latinoamérica

07/07/2026 | 15:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta organiza un foro de danza con coloquios e actuacións para favorecer a difusión dos espectáculos galegos

As actividades desenvolverase mañá día 8 co concello de Ames e o xoves 9 no de Outes, no marco do festival Abanea

07/07/2026 | 12:38 | Axencia de Turismo de Galicia

O novo festival Son e Mar Vigo 2026 patrocinado pola Xunta suma ao seu cartel talento galego, grupos dos anos 90 e música disco

A delegada territorial, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, desvelan os artistas que completan o festival

07/07/2026 | 12:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta licita o equipamento do Centro Galego de Artes Dixitais con financiamento da Unión Europea

O importe desta licitación cífrase nun máximo de 2,6 millóns de euros dos que 1,5 proceden de fondos FEDER

07/07/2026 | 10:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A música urbana en galego de 9Louro conquistará este xoves o ‘Atardecer no Gaiás’

O rapeiro de Muros presentará en concerto gratuíto na Cidade da Cultura o seu segundo traballo ‘Amorrer’

06/07/2026 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a aprobación de 56 proxectos impulsados pola cidadanía e pemes este 2026 como antesala da celebración do Xacobeo 2027

Salienta que o 55 % das iniciativas corresponden ao ámbito artístico, cun total de 31 propostas; 10 proxectos están vinculados ao patrimonio, sete ao ámbito social, seis ao deportivo e dous á transformación dixital

06/07/2026 | 13:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta patrocina o XXII Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que aborda a diversidade creativa no sector

A nova edición da cita impulsada pola Fundación Carlos Casares e Universidade de Vigo celébrase ata o 10 de xullo no Auditorio Ilduara da localidade ourensá

05/07/2026 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en valor o Teatro Amador nunha xornada festiva no Gaiás cunha vintena de representacións

A Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) congrega máis dun centenar de persoas de toda Galicia