Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 484 novas da área temática Emigración:

08/04/2025 | 12:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración
30/03/2025 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o seu apoio aos emprendedores retornados cunha nova convocatoria do programa de mentoría Merlo da que se beneficiarán 90 persoas

A iniciativa, que chega á súa quinta edición e cuxo prazo de inscrición abre mañá, busca acompañar a este colectivo para o éxito dos seus negocios en Galicia, incluíndo asesoramento en áreas como a comunicación, a administración ou as finanzas

29/03/2025 | 15:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa nun foro con empresarios galegos en México para expoñer oportunidades de retorno e investimento en Galicia

O secretario xeral da Emigración salientou o potencial que representa o retorno para Galicia a nivel económico e empresarial e detallou as diferentes medidas orientadas a facilitar o emprendemento e a actividade profesional dos retornados

29/03/2025 | 11:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aberto o prazo para que os galegos do exterior soliciten formarse en Galicia a través de Retorna Talento FP, que incrementa un 40% as súas prazas

Hai un total de 150 bolsas, de 4.000 e 12.000€, para que cursen certificados de profesionais e ciclos de FP Dual Intensiva

28/03/2025 | 15:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa ante un cento de persoas en México das oportunidades de retorno a Galicia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou na súa intervención as bolsas BEME, as de Talento FP e o programa Retorna Cualifica Emprego

27/03/2025 | 17:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mantén un encontro na Embaixada de España para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos en México

Trátase da primeira xuntanza da viaxe institucional do secretario xeral da Emigración e o director de Turismo de Galicia a México que inclúe reunións coa colectividade galega e con empresarios galegos neste país

23/03/2025 | 11:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Miranda destaca en Madrid o papel da Orde da Vieira como símbolo da galeguidade universal

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou no LVII Capítulo da Orde da Vieira, unha das citas máis relevantes dos galegos do exterior

22/03/2025 | 11:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Val do Dubra o oficio da ourivaría a través dun obradoiro colaborativo en homenaxe á emigración galega

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ao desenvolvemento desta actividade que imparte a ourive compostelá Susi Gesto