Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 569 novas da área temática Exterior:

14/05/2025 | 14:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta difunde o deseño galego e internacional co seu apoio ao festival ‘Galicia Design Week’

Desenvólvese na Coruña do 16 ao 24 de maio e comprende coloquios, exposicións, obradoiros, música e gastronomía

13/05/2025 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Cesga e a Universidade de Pensilvania alíanse para acelerar o descubrimento de novos fármacos contra bacterias resistentes aos antibióticos

O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, e o catedrático de Biotecnoloxía da institución norteamericana, César de la Fuente, visitan as instalacións do Cesga

10/05/2025 | 11:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o Erasmus de 3.889 galegos cun investimento de 6 M€ grazas ao programa Galemundo

Román Rodríguez lembra a aposta pola internacionalización do ensino a través desta iniciativa, dotada con 14M€ para facilitar que 7.000 estudantes e docentes se formen este curso no estranxeiro

09/05/2025 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra o Día de Europa con algúns dos clubs que representaron a Galicia en competicións europeas nas últimas tempadas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor o bo momento do deporte galego e o seu importante papel na proxección da marca Galicia en Europa

09/05/2025 | 09:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
08/05/2025 | 18:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta e Stellantis continuarán traballando conxuntamente para reforzar a competitividade das empresas provedoras do sector de automoción en Galicia

Destaca que o ecosistema de empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento que rodea a fábrica de Stellantis en Vigo son un valor engadido que convén seguir afianzando

07/05/2025 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria de axudas para microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 150.000 euros e dirixida ás ONGD ou a outros axentes sociais dedicados á realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento

06/05/2025 | 18:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o apoio ás empresas galegas para acceder ao mercado dos Emiratos Árabes Unidos

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na xornada “Emiratos Árabes Unidos: Economía e oportunidades de negocio en Oriente Medio para as empresas galegas”, onde pon en valor o papel da Antena do Igape en Dubai para “abrir portas nun mercado clave para a innovación e a diversificación industrial”

06/05/2025 | 16:43 | C. do Mar

Villares reclama unidade a todas as forzas políticas para a exclusión das conservas de atún no Acordo de Libre Comercio entre a Unión Europea e Tailandia

O titular de Mar destaca que o país asiático, que é o principal produtor mundial, está sendo investigado por organismos internacionais por incumprir os convenios internacionais en materia de dereitos humanos, laborais e ambientais

06/05/2025 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica a constitución da AECT da Raia Seca como un fito histórico na cooperación transfronteiriza e unha ferramenta clave para o acceso a fondos europeos

A nova agrupación abarcará máis de 3.100 quilómetros cadrados e máis de 72.000 habitantes, integrando 13 concellos galegos e as rexións portuguesas do Alto Minho, Cávado, Alto Támega e Barroso