Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por 1,8 M€ as obras da nova área de cirurxía maxilofacial do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que se emprazará no Hospital Meixoeiro
Estará dotada con equipamento de última xeración e contará con 3 consultas, unha sala polivalente, unha sala de espera, unha sala de simulación, un despacho e unha sala cirúrxica
A Xunta analiza con Stella Maris vías de colaboración para reforzar a formación e a atención aos profesionais do mar
O encontro permitiu explorar sinerxías no acompañamento no ámbito formativo prelaboral que permita acceder posteriormente a formación no sector pesqueiro
A Xunta e a Fundación Telefónica inauguran en febreiro na Cidade da Cultura a exposición ‘Mundo expandido. Entre o físico e o virtual’
A mostra, coa que arrinca a programación expositiva do Museo Centro Gaiás en 2026, explora os límites da realidade física e da simulación dixital ao longo da historia, afondando na pulsión humana por crear mundos virtuais
A Xunta abre as solicitudes para presentar proxectos de estadías formativas no marco do programa ‘Fórmate na empresa’
As subvencións están destinadas a entidades privadas sen ánimo de lucro, concellos e organismos dependentes destes, hoxe
Galicia continúa incrementando a súa poboación, con case 6.000 habitantes máis no primeiro semestre do 2025
Os datos do IGE publicados hoxe poñen de manifesto a tendencia demográfica positiva que rexistra a comunidade galega, que sumou case 15.000 persoas máis entre xullo de 2024 e o mesmo mes de 2025
O seguimento na quenda de tarde da folga sanitaria nacional contra o Estatuto Marco do Goberno central acada o 4,59 % na sanidade pública galega
Nos servizos de atención hospitalaria o seguimento da folga é do 4,87 %
Medio Rural mantén unha nova reunión con representantes do sector agrogandeiro para defender os seus intereses ante o acordo UE-Mercosur
A conselleira María José Gómez mantivo este mediodía unha xuntanza con representantes das asociacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, enmarcada nos contactos permanentes que se veñen establecendo cos produtores
Galicia desenvolveu 24 proxectos para a observación e vixilancia da biodiversidade baseados no uso de tecnoloxías con drons, nos que participaron máis de 400 profesionais
A Xunta presentou en Badaxoz, xunto con Avincis e Telespazio, os resultados da súa participación no Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade
Belén do Campo destaca que o plan Camiña Rural e o plan Marco mobilizaron máis de 126.000 euros para mellorar as infraestruturas viarias en Boqueixón
A delegada da Xunta visitou un dos camiños que se executou cunha axuda da Xunta de case 67.000 euros da anualidade 25-26, e lembrou que tamén recibiron, na anualidade 24-25, máis de 59.000 euros, para arranxar outros 3 viais