Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.651 novas da área temática Economía:

02/10/2025 | 16:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a bioeconomía como motor de emprendemento a través da candidatura de colaboración transfronteiriza GreenSeed

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, inaugurou a xornada ‘Tendencias en bioeconomía’, na que se deron a coñecer as liñas mestras desta iniciativa candidata ao programa Interreg España-Portugal (Poctep)

02/10/2025 | 15:35 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aborda con Ceaga a situación actual do sector da automoción e reitera a necesidade de adoptar medidas urxentes para facilitar a transición cara o vehículo eléctrico

 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, tamén repasou as actuacións incluídas no marco do Plan Director, ao que a Xunta ten previsto destinar máis de 230 millóns de euros ata o ano 2027

02/10/2025 | 14:50 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo informa de que 7 asociacións de polígonos industriais da provincia da Coruña recibirán máis de 500.000€ para mellorar a súa seguridade e competitividade

A delegada da Xunta destacou que estes apoios, de 1M€, con carácter bianual, van dirixidos ás asociacións de empresarios das áreas empresariais para a mellora da seguridade e a competitividade, incluída a obtención de selos ou certificacións de calidade que acrediten que a área cumpre con determinadas características diferenciais

02/10/2025 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o papel de Gradiant como referente tecnolóxico en intelixencia artificial, emprendemento e innovación

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou as instalacións do centro vigués, onde puxo en valor o seu traballo na creación de spin-offs e na posta en marcha do primeiro fondo de investimento deep tech impulsado por un centro tecnolóxico en Europa

01/10/2025 | 12:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Monforte o potencial do emprendemento rural como motor de innovación e cohesión territorial

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na inauguración do encontro “Innovación con raíces: emprendemento que transforma o rural” onde reivindica esta aposta como fórmula para xerar emprego, fixar poboación e proxectar Galicia ao mundo

30/09/2025 | 20:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma en Vigo a súa aposta estratéxica polo emprendemento ligado ao territorio e o impulso ao talento mozo como motor de riqueza e emprego

José González destacou que Galicia pon a disposición das persoas emprendedoras todos os recursos necesarios para facilitar a posta en marcha dos seus negocios a través de canles como a Rede de polos, que leva atendidos xa máis de 4.800 proxectos

30/09/2025 | 15:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a rede de aceleradoras da Xunta deu apoio xa a máis de 830 proxectos e leva xerado máis de 1.400 empregos cualificados

A BF Sport comeza o vindeiro luns, e ata o 19 de decembro, a súa fase de aceleración con seis startups seleccionadas dun total de 37 candidaturas que se presentaron ao inicio desta primeira convocatoria

30/09/2025 | 14:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ribadeo e Barreiros clausuran dous obradoiros de emprego conxuntos financiados pola Xunta con 880.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que formaron en total a 36 persoas desempregadas en especialidades relacionadas coa construción, limpeza, xardinaría e dinamización cultural

30/09/2025 | 11:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta somete a exposición pública a nova Lei de cooperativas que impulsará actividades estratéxicas e simplificará trámites

Anunciouno o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, que hoxe visitou en Nigrán a cooperativa Donde viven los cuentos en compañía da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño