Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor no Parlamento o programa de arraigamento para a formación que prevé beneficiar 180 migrantes en situación irregular na súa 2ª edición
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, respondeu hoxe na comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento unha pregunta sobre esta iniciativa
A Xunta procurará o retorno de 200 galegos do exterior investindo 2,3 M€ no programa Retorna Cualifica Emprego con axudas para o acceso á vivenda
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da segunda edición deste programa, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna
A Xunta define o retorno do talento dos galegos do exterior coma unha ferramenta estratéxica para o impulso do emprendemento e a remuda xeracional
José González remarcou a aposta do Goberno galego pola integración sociolaboral dos emigrantes galegos -así como pola captación de traballadores de terceiros países-, a través de accións en orixe e sempre vencellado ao emprego
Miranda entrega ao alcalde de Sevilla a Anduriña de Ouro no 66º aniversario do Lar Galego da cidade
Tamén se entregaron a ‘Insignia de Ouro’ a José Fernández Arias, polos seus 50 anos na entidade, e as ‘Insignias de Prata’ a Pilar Martín Artero, Pedro Pérez Márquez, José Guardiola Guardiola e Antonio Hernández Nogales, polos seus 25 anos como socios
A Xunta reafirma na Casa de Galicia de Valladolid o seu apoio ás entidades galegas de fóra da comunidade
José González subliñou que no 2025 a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración reforzará con 500.000 euros a promoción da artesanía e dos produtos galegos a través da rede de centros da colectividade no exterior
Rueda destaca que a viaxe a Brasil permitiu potenciar as relacións comerciais e reforzar os lazos coa colectividade galega
Subliña as reunións mantidas con empresas e institucións brasileiras e galegas para intensificar a presenza de compañías da comunidade no país suramericano
Rueda invita á mocidade do exterior a retornar a Galicia co apoio das bolsas BEME, que se estenderán aos estudos de grao o próximo curso
Pon en valor que a Estratexia Retorna da Xunta conta con ata 100 medidas, co obxectivo de favorecer o regreso duns 30.000 galegos do exterior ata o 2026
Rueda reafirma o apoio da Xunta ao empresariado galego no Brasil para fomentar a cooperación e os lazos económicos entre ambos países
Asina un convenio de colaboración con Abegal para fomentar as relacións comerciais, profesionais e de investimento, así como apoiar a captación de novos asociados para a entidade Abegal, fortalecendo a súa presenza no mercado brasileiro