Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.743 novas da área temática Emprego:

09/05/2026 | 09:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza un novo espazo dixital de formación para impulsar a competitividade e profesionalización de persoas autónomas, comerciantes e emprendedoras

O Goberno galego vén de poñer en marcha o novo Campus formativo de emprego autónomo, unha plataforma destinada a mellorar e facer medrar os pequenos negocios mediante formación práctica, sinxela e orientada a resultados

08/05/2026 | 17:44 | C. do Mar

Mar destaca no `Encontro Sober 2026` o apoio da Xunta á internacionalización e competitividade das empresas galegas

A Xunta destina 11 M€ ata 2027 á promoción exterior dos produtos galegos e ao apoio ás empresas exportadoras

08/05/2026 | 15:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en valor a nova orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural

González salienta que nos vindeiros días se publica esta medida de Emprego e Vivenda (1,5 M€) destinada ao alugueiro ou cesión de uso de vivendas en concellos de menos de 20.000 habitantes para persoas contratadas por empresas galegas

08/05/2026 | 12:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o impacto das axudas ao comercio local con 4 M€ mobilizados este ano para a súa modernización e dixitalización

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo unha pregunta relativa a esta convocatoria enmarcada no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030

08/05/2026 | 12:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
08/05/2026 | 10:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebrará o 11 e o 12 novembro no Brasil o XIV pleno do Consello de Comunidades Galegas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu de maneira telemática a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, na que se fixo o anuncio  

07/05/2026 | 15:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o reforzo orzamentario da orde AFD ata os 60 M€ que permitirá formar 10.700 persoas sen emprego nos ámbitos máis demandados polas empresas

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego unha pregunta relativa ao balance da convocatoria 2026-2027, tras o redeseño integral da orde o pasado ano

07/05/2026 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta defende a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal a prol dun mercado laboral transfronteirizo facilitador e áxil

González agradece o labor do ata agora presidente do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal, César Campos — secretario xeral de UGT Braga—, e desexa sorte á secretaria xeral de CCOO Galicia, Amelia Pérez, quen toma o relevo neste cargo

07/05/2026 | 13:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca as máis de 120 entidades adheridas á rede Ultreia de atención ao emprendemento da que forma parte ‘The Way Startup Summit’

González resalta as máis de 50 startups, máis de 150 investidores e o millar de asistentes ao evento integrado na rede de colaboración público-privada dirixida a compartir recursos, xerar sinerxías e evitar duplicidades ao atender o emprendemento