A Xunta reforza a colaboración con Executivas de Galicia a prol de impulsar o liderado e o emprendemento feminino

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, mantivo unha reunión coa presidenta de Executivas de Galicia, Carmen Costas, e a vogal da xunta directiva da entidade, Mari Carmen López.

Durante o encontro, abordáronse distintas liñas de colaboración orientadas ao impulso do talento feminino, facendo especial fincapé no emprendemento, o acompañamento e a formación, particularmente no ámbito do emprego por conta propia. Ademais, puxéronse sobre a mesa iniciativas destinadas a reforzar a igualdade de oportunidades e mellorar a empregabilidade das mulleres en todos os sectores. Cómpre destacar que Executivas de Galicia é unha das 150 entidades adheridas á Rede Ultreia de colaboración público-privada impulsada pola Xunta para compartir recursos, xerar sinerxías e evitar duplicidades na atención ao emprendemento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/07/2026