Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 683 novas da área temática Exterior:

25/10/2025 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta urxe ao Goberno a acelerar a homologación das titulacións universitarias dos bolseiros BEME para potenciar o seu talento e inserción laboral en Galicia

José González destacou a eficacia desta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna como instrumento de retorno e fixación de talento cualificado, e animou aos novos bolseiros a que esta experiencia sexa o inicio dun proxecto estable en Galicia

19/10/2025 | 21:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o talento das novas xeracións que garante o futuro das Bandas de Música Populares de Galicia

O representante autonómico fai fincapé na xuventude da maioría dos máis de 1300 intérpretes que integran as 20 agrupacións participantes nunha das edicións máis numerosas deste concurso

16/10/2025 | 20:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta mostra no CGAC a primeira exposición monográfica en España sobre videoarte en Centroamérica

López Campos considera que o proxecto confirma o centro museístico como “punta de lanza da arte contemporánea arriscada, brillante e sobre todo, comprometida”

16/10/2025 | 20:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca os cursos da Casa de Galicia en Madrid como “exemplo do impulso do galego no exterior”

O secretario xeral da Lingua entrega os diplomas ao alumnado que superou o ano pasado esta formación na institución madrileña e presenta as novas clases

15/10/2025 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia e as rexións europeas chaman a unha revisión da proposta de Marco Financeiro Plurianual 2028-2034

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR), no que se aprobou unha resolución sobre o Futuro Marco Financeiro Plurianual (MFP) a partir de 2028 

15/10/2025 | 14:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon en valor a nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’ que trouxo de regreso preto de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior

Procedentes de Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, salvo os que quedarán máis tempo para estar coa familia

11/10/2025 | 10:39 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia intensifica o seu plan de promoción internacional poñendo o foco nos mercados americano, europeo e asiático

Durante outubro, xornalistas e turoperadores realizan viaxes de familiarización para coñecer o Camiño de Santiago e os principais recursos turísticos

10/10/2025 | 10:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o prazo de inscrición para a 23ª edición do curso en financiamento comunitario TecEuropa

Organizado pola Fundación Galicia Europa, o curso celebrarase de maneira presencial en Bruxelas entre o 18 e 21 de novembro