Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.304 novas da área temática Deporte:

22/09/2025 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica o lugar de Narón no mapa das grandes probas de resistencia durante a presentación da proba de ultrafondo ‘21 leguas’

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no acto oficial que tivo lugar no Concello

19/09/2025 | 18:42 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca o Internacional Júnior de Sanxenxo como un dos máis importantes do mundo polo que pasaron Alcaraz, Sinner, Ruud, Badosa ou Bouzas

A continuación do ITF Júnior, que terá lugar entre o 21 e o 28 de setembro, disputarase o Internacional Cadete Tennis Europe

18/09/2025 | 18:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello de Valga na mellora das instalacións deportivas do municipio

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financia esta intervención cun préstamo por 700.483€ do Fondo de Cooperación ao Concello, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

18/09/2025 | 17:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 60 nenos e nenas participan en Ferrol nas actividades promovidas pola Real Federación Galega de Fútbol a través do Plan Corresponsables da Xunta

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou aos participantes que estes días desenvolven as actividades no complexo deportivo Javier Gómez Noya, de Caranza

18/09/2025 | 13:03 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica o contrato de xestión integral do complexo acuático e clínica deportiva de Acea da Ama

Como novidades instalarase un boulder de escalada, unha nova zona de calistenia, outra de crossfit, un parque para persoas maiores e un espazo para xogos acuáticos

17/09/2025 | 21:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel da sección feminina do Victoria FC como un referente da igualdade de xénero no deporte

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, salientou que a presenza das mulleres en todas as facetas sociais é o piar fundamental dunha sociedade máis igualitaria

17/09/2025 | 19:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o EncestaRías como a gran festa do baloncesto nacional e europeo e subliña a importancia do torneo feminino en Vilagarcía

Tres equipos de Euroliga e o mellor equipo galego -Saski Baskonia, Valencia Basket, Real Madrid e Río Breogán- consolidan a aposta do EncestaRías polo mellor baloncesto do continente

17/09/2025 | 15:08 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita a Cogami por levar dúas décadas achegando a experiencia da navegación a persoas con discapacidade

Destaca que máis de 5.300 persoas de entidades e centros de Cogami de toda Galicia participaron neste proxecto desde a súa posta en marcha en 2002