Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 911 novas da área temática Emerxencias e interior:

24/08/2025 | 20:51 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.30 h. de hoxe

Ás 15.56 horas de hoxe domingo deuse por controlado o lume do concello de Riós-Fumaces e a Trepa (100 ha)

24/08/2025 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará o servizo de atención e información á cidadanía para atender as consultas relacionadas coas axudas destinadas aos afectados polos incendios

O paquete de medidas incluirá tamén unha partida destinada ás entidades locais co obxectivo de facer fronte aos gastos derivados das actuacións como consecuencia dos lumes e aos danos en infraestruturas da súa titularidade

24/08/2025 | 13:47 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13.30 h. de hoxe

Ás 11.30 horas desta mañá quedou controlado o incendio forestal do concello lucense de Carballedo, parroquia da Cova (100 ha) e ás 12.30 horas de hoxe deuse tamén por controlado o do municipio ourensán de Riós-Trasestrada (40 ha)

24/08/2025 | 09:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.30 h. de hoxe

Ás 23.22 horas de onte sábado quedou estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Carballedo, parroquia da Cova (100 ha)

23/08/2025 | 21:01 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.30 h. de hoxe

Ás 18.34 horas de hoxe sábado deuse por estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés de Vilaboa, parroquia de Santa Cristina de Cobres, que afecta arredor de 70 hectáreas e no que xa foi desactivada pola mañá a situación 2

23/08/2025 | 13:48 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13.30 h. de hoxe

Ás 11.25 horas de hoxe sábado quedou estabilizado o incendio forestal de Larouco-Seadur, que afecta arredor de 30.000 ha

23/08/2025 | 10:15 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10.00 h. de hoxe

Vén de desactivarse a situación 2 no incendio da localidade pontevedresa de Vilaboa-Santa Cristina de Cobres (60 ha), que continúa activo

22/08/2025 | 09:24 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.00 h. de hoxe

Está declarada a Situación 2 no incendio forestal rexistrado no concello lucense de Carballedo, parroquia da Cova, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Oleiros

21/08/2025 | 20:57 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.30 h. de hoxe

Vén de declararse a situación 2 nos incendios forestais dos concellos pontevedreses de Vilaboa, parroquia de Santa Cristina de Cobres, e Oia, parroquia de Mougás

21/08/2025 | 09:27 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.00 h. de hoxe

Permanece declarada a situación 2 a nivel provincial en Ourense, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia