Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.348 novas da área temática Emprego:

11/11/2025 | 16:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o éxito do Programa Integrado de Emprego da Laracha no que 53 participantes, máis da metade dos alumnos, conseguiron incorporarse ao mercado laboral

A delegada da Xunta destacou que, na convocatoria 2025-2026, foron concedidos 10 PIE na provincia da Coruña cun investimento de 2,1 millóns de euros

11/11/2025 | 15:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta potenciará a inserción nos novos obradoiros de emprego incrementando as prácticas e os incentivos á contratación e cun eixo na prevención dos lumes

Salienta que o Goberno autonómico destinará 48,1 M€ a esta convocatoria coa que se impulsará a empregabilidade da cidadanía da man das entidades locais

10/11/2025 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Salvador de Bahía a batería de medidas e apoios autónómicos ás persoas emigrantes que deciden retornar a Galicia

O secretario xeral da Emigración informou no Club Español á colectividade galega do nordeste brasileiro sobre a Estratexia Galicia Retorna e as oportunidades que ofrece Galicia ás persoas residentes no exterior interesadas en retornar

09/11/2025 | 15:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta segue a impulsar en Cervo a transmisión do traballo artesanal cun novo curso de perfeccionamento de técnicas de forxa

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata Cervo onde se está a impartir o curso ‘Perfeccionamento de técnicas de forxa’

07/11/2025 | 20:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo nos ‘XXVII Premios Emprende’ de AJE Pontevedra o seu compromiso co traballo por conta propia da man das novas xeracións

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Pontevedra no acto de entrega destes galardóns, onde destacou que os Polos de emprendemento da provincia levan atendido arredor de 1.500 proxectos

07/11/2025 | 16:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o proxecto ‘Galicia Camiño emprendedor’ como ferramenta de mentorización e promoción de Galicia como destino económico

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na terceira etapa desta iniciativa que promove o intercambio de experiencias e a xeración de contactos profesionais a través do Camiño de Santiago

06/11/2025 | 15:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a función estratéxica do Centro de Orientación ao Emprendemento na coordinación das políticas de apoio ao emprego en Galicia

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, xunto co secretario xeral de Universidades, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, participou na sesión ordinaria anual deste órgano creado polo Goberno galego en 2024

06/11/2025 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma a 100 persoas desempregadas no Programa Integrado de Moaña e confirma a celebración dun novo plan de emprego en 2026 cun investimento de 220.000€

A delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este xoves o curso financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración