Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.922 novas da área temática Mar:

10/04/2026 | 09:37 | C. do Mar

A Xunta aborda co sector na comisión do mexillón o inicio dos traballos para elaborar o novo decreto de acuicultura mariña

A conselleira do Mar presentou a folla de ruta para a elaboración da nova normativa que procura un mellor desenvolvemento estratéxico e ordenación

09/04/2026 | 20:06 | C. do Mar

A Xunta e o sector avanzan na Mesa do Polbo na definición do plan de xestión para a campaña 2026/27

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou hoxe neste encontro de traballo para avaliar as achegas da frota

09/04/2026 | 16:08 | C. do Mar

A Xunta inviste 650.000 € en melloras nos portos de Muros e Esteiro

Marta Villaverde presentou as obras de renovación do pavimento do pantalán mexilloeiro que Portos de Galicia ten en licitación dentro dun contrato global para unha decena de peiraos

09/04/2026 | 13:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta exixe ao Goberno central toda a información remitida a Bruxelas sobre a reforma do Regulamento de Costas e que suspenda o prazo para enviar alegacións

Ángeles Vázquez considera fundamental ter acceso a toda a documentación do procedemento de infracción aberto contra España por non traspoñer a directiva de servizos para poder facer consideracións de maneira ben fundamentada

08/04/2026 | 15:30 | C. do Mar

Mar aborda coa Asociación Agacomar os desafíos e o futuro do sector da comercialización de marisco

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse cos representantes da entidade para reforzar a colaboración institucional

08/04/2026 | 13:53 | C. do Mar

Villaverde avanza co Cetga no estudo da supervivencia da ameixa xapónica e do berberecho en episodios de baixa salinidade co proxecto Biorem

A conselleira do Mar  e o director do Centro avaliaron o desenvolvemento desta pioneira iniciativa, á que a Xunta destina 700.000 €

07/04/2026 | 19:36 | C. do Mar

Villaverde incide ante os patróns maiores da Coruña con marisqueo a pé na importancia do plan de acción para recuperar os seus bancos marisqueiros

A conselleira do Mar reuniuse cos representantes dos pósitos para reiterar as medidas dotada con 22,7 M€ e que ten nos convenios directos o seu principal eixo de actuación

07/04/2026 | 14:39 | C. do Mar

A Xunta inviste 100.000 euros na renovación do pavimento do pantalán pesqueiro e mexilloeiro de Vilanova de Arousa

Marta Villaverde presentou as obras que Portos de Galicia ten en licitación dentro dun contrato global por importe de 640.000 euros para unha decena de peiraos

07/04/2026 | 14:11 | C. do Mar

O proxecto europeo Free LitterAT que coordina o Cetmar consolida avances clave na loita contra o lixo mariño no Atlántico

Os socios de España, Portugal, Francia e Irlanda analizaron na localidade lusa de Cascais os progresos desta acción na que tamén participan o Intecmar, o IEO-CSIC e a Universidade de Santiago