Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 417 novas da área temática Urbanismo:

22/03/2025 | 15:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no concello de Cartelle

O contrato, adxudicado por máis de 80.000 euros, ten como obxectivo acondicionar a praza para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social dos veciños

21/03/2025 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca o papel dos concellos rurais na creación de vivenda co apoio da Xunta, a través da achegas á rehabilitación de edificios de titularidade municipal

Allegue pon en valor o traballo e “esforzo dos alcaldes de localidades de poucos habitantes, que grazas a unha boa xestión, acadan grandes resultados”

21/03/2025 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de decreto que regulará as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de publicar no portal de transparencia da Xunta o proxecto de decreto polo que se regulan as ECCOM na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro

21/03/2025 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de acondicionamento da Alameda da praza, en Sober, onde se instalará unha pérgola para humanizar a contorna e acadar unha zona protexida no verán

Os traballos, adxudicados por case 57.000 euros inclúen a dotación de bancos e de iluminación pública mediante luminarias LED que permitirán un aforro enerxético

20/03/2025 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/03/2025 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 4,3 M€ as obras para a urbanización do PS-6, o sector autonómico das antigas instalacións da ETEA en Vigo

O contrato asinarase nas vindeiras semanas e as obras iniciarase, previsiblemente, ao longo do mes de maio, cun prazo de execución estimado de 15 meses

18/03/2025 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de acondicionamento da contorna da igrexa de Santalla, no concello de Ribadeo

Trátase da adecuación do entorno da igrexa de Santalla, que suporá a mellora da organización do tráfico especialmente nos días de celebracións relixiosas

06/03/2025 | 18:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para a rehabilitación de 4 inmobles nos centros históricos de Ourense, Tui e Ribadavia para habilitar 14 vivendas públicas

A Administración autonómica recibiu 3 ofertas para rehabilitar 2 inmobles en Ourense, outras 4 para recuperar un edificio en Tui e 5 ofertas de empresas para acometer a rehabilitación dun inmoble en Ribadavia