Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.348 novas da área temática Emprego:

06/11/2025 | 11:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta deseñará no 2026 unha nova estratexia de responsabilidade social empresarial co foco no benestar laboral e o pulo á competitividade

José González puxo en valor o compromiso do Goberno galego co benestar laboral no marco do diálogo social, unha ferramenta que institucionalizará cun futuro decreto e onde se abordan retos como o da prevención do absentismo inxustificado

04/11/2025 | 15:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica en Barcelona o modelo galego a prol de sumar, formar e reter talento en beneficio dun mercado laboral cada vez máis dinámico e competitivo

Nun evento centrado no emprego, na mobilidade e na colaboración, José González referiuse á Galicia como terra de oportunidades tanto para os residentes, como para as persoas retornadas ou procedentes de 3º países, a través do emprego de calidade

04/11/2025 | 15:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o papel do Centro de Formación para o Emprego de Santiago como un referente na cualificación profesional e na inserción laboral

A delegada da Xunta informou que dos cursos do 2025, 19 en total, 3 xa están finalizados, 5 impartíndose nestes momentos e 11 aprobados para iniciarse e rematar no 2026, abranguen unha ampla variedade de áreas profesionais

04/11/2025 | 11:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia acada o mellor outubro en afiliacións con 1.102.984 cotizantes e o paro máis baixo dese mes con 113.386 persoas desempregadas

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social correspondentes ao pasado mes de outubro

03/11/2025 | 16:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar e considerar as microcredenciais como ferramenta clave para a inserción laboral das persoas migrantes

Poñendo en valor o modelo Galicia para captar, reter e aproveitar o talento das persoas traballadoras de xeito ordenado e planificado, José González lamentou que non se tivesen en conta as microcredenciais na reforma da Lei de estranxeiría

30/10/2025 | 14:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica o decreto que regulará a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade

Púxoo de relevo hoxe en Vigo o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, aproveitando o acto de presentación da Certificación de Benestar Laboral impulsada por Aenor e a Fundación Mundial da Felicidade