A Xunta destaca o papel da Feira de Artesanía de Outeiro de Rei na divulgación e posta en valor dos oficios tradicionais

O director xeral de Comercio e Consumo participou na inauguración da XVIII edición deste evento que inclúe venda de produtos artesanais e de produtos de alimentación, demostracións en vivo e espectáculos de música e maxia, entre outras actividades

Outeiro de Rei (Lugo), 4 de xullo de 2026.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración da XVIII edición da Feira de Artesanía de Outeiro de Rei, que se celebra ata as 21,00 h. en varias rúas da vila e no camiño do Campo de Santa Isabel. Durante a súa visita, Gabriel Alén destacou a traxectoria deste evento e o seu papel na dinamización do rural galego, así como na divulgación e posta en valor dos nosos oficios artesanais.

Na edición deste ano participan un total de 90 expositores, entre postos de artesanía e de produtos de alimentación, e durante toda a xornada ofreceranse demostracións en vivo de oficios tradicionais, entre os que destacan os das olerías tradicionais de Gundivós (Sober) e Buño (Malpica de Bergantiños).

No programa de actividades inclúense actuacións de música tradicional e da Banda Municipal de Música, unha actuación de maxia, obradoiros para nenos, unha exposición de traxes tradicional e unha andaina solidaria, entre outras.

Data de actualización: 03/07/2026