Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 683 novas da área temática Exterior:

27/09/2025 | 23:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica o legado da emigración galega en Nova Jersey e visibiliza a nosa comunidade como terra de oportunidades aberta á captación de talento

José González celebrou a oportunidade de coñecer de primeira man a actividade destas entidades, co fin de afianzar lazos de cara a apoiar a comunidade galega nesa contorna e para preservar a nosa cultura e tradicións

27/09/2025 | 11:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a posta en marcha das primeiras 13 titulacións universitarias compartidas entre setes universidades galegas e arxentinas

O conselleiro participa nun encontro entre institucións de ambos países co que se empeza a materializar o acordo asinado en novembro

25/09/2025 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga en Bruxelas por incrementar o investimento en redes eléctricas para favorecer a descarbonización no sector siderúrxico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, apoiou o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais que busca reducir os gastos enerxéticos no sector industrial

23/09/2025 | 18:07 | C. do Mar; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lidera o debate das comunidades sobre o futuro da Política de Cohesión

O Goberno galego aposta por unha xestión descentralizada destes fondos e pon en valor o traballo levado a cabo polas autonomías, ao mesmo tempo que advirte de que a centralización no reparto destes fondos suporía un acceso máis complexo

23/09/2025 | 14:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva a danza galega a Portugal cun foco específico na programación da 33ª Quinzena de Almada

A colaboración con este festival portugués sinala o arranque do programa ‘Foco Galicia Danza’, co que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsará a presenza e a visibilidade da creación galega en eventos estratéxicos

19/09/2025 | 21:16 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta en Fisterra o papel de Galicia como faro atlántico e exemplo de cooperación europea

Reivindica o valor da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como experiencia de cooperación de éxito dentro da UE

18/09/2025 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 8,5 M€ a case unha vintena de infraestruturas de carácter estratéxico das axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local

Ao abeiro desta medida, o Goberno galego financia actuacións en infraestruturas locais que trascenden o ámbito municipal e son fundamentais para a mellora dos servizos que prestan as entidades locais

18/09/2025 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acudirá á vía xudicial se o Goberno Central non achega o expediente aberto pola Comisión Europea sobre a AP-9

Allegue anunciou que a Xunta se dirixirá tamén aos gobernos autonómicos de Asturias e Castela León para estudar a posibilidade de coordinar accións conxuntas para reclamar a liberalización das peaxes