Actualidade
Buscador de novas
Valentín García pon en valor as iniciativas da Xunta para “achegar o galego aos que proveñen de fóra de Galicia”
O secretario xeral da Lingua participou na inauguración do XVIII Curso de Verán da Universidade da Coruña ‘Traballando en lingua con inmigrantes‘
López Campos reitera no Parlamento que a Xunta garantirá que o novo programa da xustiza estea dispoñible en galego e castelán
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude defende o compromiso do Goberno galego para que o novo sistema que habilitará o Ministerio de Xustiza, Atenea, e que substitúe a Minerva, poida empregarse en ambas as dúas linguas
As axudas da Xunta ao talento audiovisual distribúen 176.000 euros entre 11 curtas e longametraxes
Publícase a concesión da convocatoria de 2025, a través da que se apoia a realización de seis obras en formato curto, a posprodución doutras dúas e a produción de tres longametraxes de dirección novel, todas elas en versión orixinal galega
A Xunta conta con máis de 16.700 títulos na plataforma GaliciaLe e realizou máis de 124.000 préstamos no que vai de ano
Son datos que dá a coñecer a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con motivo do Día do Libro Electrónico, marcado no calendario da lectura e do libro de Galicia
Valentín García agradece a contribución ao impulso do uso e prestixio do galego dos Premios de Microrrelatos de Feiraco
O certame recoñece a Ramón Domínguez, Tomás Rodríguez e Gema Rojo, na categoría adulta, e Adriana González, Adara Soto e Gabriel Capón, na xuvenil
A Xunta apoia un ano máis os Premios Lois Peña novo que recoñecen o labor a prol da lingua
No acto participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, que agradeceu “o compromiso co galego das entidades que promoven accións como estes galardóns”
A Xunta apoia unha nova edición do festival ‘Abride a fiestra’, que homenaxeará as cantareiras cunha vintena de actividades na Casa Museo de Rosalía
Valentín García celebra o interese que esperta o legado de Rosalía de Castro na creación artística actual, “á que segue inspirando como referente imperecedoiro”
Valentín García destaca a importancia de acompañar os cursos de galego co contexto cultural
Na iniciativa participan sesenta estudantes dunha vintena de países do mundo, así como doutras comunidades autónomas
A Xunta apoia unha nova edición do certame de teatro ‘Festivalle’, que se suma á celebración do ‘Ano Castelao’
Valentín García salienta a relación estreita do escritor de Rianxo con Valle-Inclán, de quen foi responsable da escenografía de Divinas Palabras
Xunta e Asociación Amigos de la Ópera asinan un convenio que permitirá representar en Vigo a célebre ‘Werther’
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o compromiso do Goberno galego para que a cidade olívica conte cunha programación “excelsa e variada”