Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 602 novas da área temática Portos:

08/07/2025 | 13:22 | C. do Mar

Alianza da Xunta e a Cooperativa de Armadores de Vigo para a realización de accións formativas co obxectivo de reforzar a capacitación dos tripulantes

A entidade viguesa é unha das principais beneficiarias da orde de axudas autonómicas, dotada de xeito bianual con 1,4 millóns de euros, que permitirá a realización dun total de 97 cursos ao longo deste ano

05/07/2025 | 12:56 | C. do Mar

Mar contribúe á capacitación e competitividade do sector marítimo-pesqueiro de Ribeira, achegando nos últimos dous anos 155.000 € para a súa formación

A conselleira, Marta Villaverde, visitou aos vinte alumnos do Curso de Mariñeiro de Ponte, unha das 26 accións que desenvolve o pósito co apoio da Xunta

04/07/2025 | 12:17 | C. do Mar

Marta Villaverde incide na necesidade dunha PPC máis xusta socioeconómica e medioambientalmente, xestionada baixo un enfoque ecosistémico

A conselleira do Mar trasladou que estes son algúns dos argumentos sobre os que debe sustentarse a Política Pesqueira Común, e que Galicia recolle no Decálogo Estratéxico presentado o ao Comisario de Pesca o pasado mes de abril, en Bruxelas

03/07/2025 | 15:48 | C. do Mar

A Xunta de Galicia inviste 80.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados no porto de Ortigueira

O presidente de Portos visitou os traballos executados no vial do Malecón e a explanada portuaria para a mellora da seguridade viaria

03/07/2025 | 13:20 | C. do Mar

Marta Villaverde destaca a capacidade da cadea mar-industria galega para adaptarse ás tendencias do mercado e dar resposta ás necesidades do consumidor

Sitúa a innovación e a atracción de talento como elementos clave para alcanzar o liderado nas vendas e un incremento no consumo, así como para reforzar a marca Galicia Calidade que dá un valor diferencial aos produtos capturados na costa galega

01/07/2025 | 15:52 | C. do Mar

A Xunta destina á conservación, rexeneración e posta en valor do marisqueo do Salnés máis de 1M€

Mar traballa na actualización da normativa de pesca marítima profesional, co fin de mellorar a normativa reguladora da pesca galega, corrixindo así a excesiva intervención reguladora, a través da implantación de solucións administrativas máis eficaces e eficientes

30/06/2025 | 17:46 | C. do Mar

Xunta e Autoridades Portuarias do Estado en Galicia abordan asuntos de interese para o sistema portuario da comunidade

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu a reunión de coordinación dos portos galegos para continuar afondando en actuacións que permitan seguir gañando competitividade e sostibilidade