Actualidade
Buscador de novas
Diego Calvo urxe ao estado axilizar as actuacións pendentes no eixo atlántico ferroviario entre Ferrol e a fronteira portuguesa
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na Tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia, onde demandou que Galicia forme parte das prioridades do Goberno central
A Xunta mantén o compromiso de bonificar o 20% do prezo do transporte interurbano a partir do 1 de xullo a pesar da reducción do Goberno central A Xunta mantén o compromiso de bonificar o 20% do prezo do transporte interurbano a partir do 1 de xullo a pesar da reducción do Goberno central
O Estado minora dun 30% a un 20% a súa achega, mentres a Xunta mantén a rebaixa no prezo do 20% e todos os descontos autonómicos
A Xunta impulsa o transporte público no verán nos concellos de Sanxenxo e da Illa de Arousa
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e os alcaldes Telmo Martín e Luis Arosa asinaron os respectivos convenios para activar liñas de reforzo no marco das concesións autonómicas de autobús
A Xunta advirte de que os cambios de Renfe nos horarios na conexión ferroviaria entre A Gudiña e Madrid contribúen ao illamento do rural galego
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que as modificacións realizadas por Renfe o pasado xuño deixan A Gudiña sen enlace antes das 12,00 horas e cunha perda de 16 trens semanais
A Xunta urxe ao comisionado do Corredor Atlántico a concretar o plan director con todas as actuacións e investimentos previstos e unha planificación realista
O secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a directora xeral de Mobilidade e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE mantiveron hoxe un encontro con José Antonio Sebastián no marco do Foro do Corredor Atlántico
A Xunta urxe ao Goberno central a mellorar as conexións ferroviarias con Ferrol
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou no foro ‘Ferrol, tren de futuro’ para abordar a situación, retos e oportunidades do ferrocarril
A Xunta habilita servizos especiais de autobús entre Vigo e Panxón durante as festas de San Xoán
O luns 23 de xuño habilitaranse 8 servizos de ida dende Vigo E.I. a Panxón a partir das 15,10 horas
A Xunta anima á alcaldesa da Coruña a exercer as súas competencias no ámbito urbano respecto das VTC e deixar a confrontación
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asegura que o Goberno galego cumpre estritamente coa normativa vixente e as súas competencias polo que pide á alcaldesa da Coruña que, “se non quere cumprir coas súas, non intente escudarse na Administración autonómica”
As obras de prolongación da autovía AG-59 farán necesaria a afección ao tráfico na estrada AC-241, en Teo, a partir do vindeiro martes
A afección terá lugar no punto quilométrico 13+250 da AC-241, en Vilar, e é necesaria para a dotación da drenaxe e a reposición de servicios de baixa tensión e telefonía
A Xunta iniciará o luns o estendido da nova capa de rodaxe da AG-53, entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesario cortes de calzada
Nesta nova fase intervirase na calzada dereita da autovía, dándolle continuidade á renovación extraordinaria do pavimento desta vía libre de peaxe, na que a Xunta inviste máis de 5M€