Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 578 novas da área temática Consumo:

29/11/2024 | 20:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Lalín a importancia de colaborar co tecido comercial para revitalizar as rúas no Nadal e impulsar as vendas de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto de acendido das luces de Nadal deste concello pontevedrés e na inauguración dos escaparates máxicos, unha iniciativa que conta co apoio do Executivo galego

29/11/2024 | 13:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa unha nova campaña de Nadal para dinamizar o comercio de proximidade en Vigo

A delegada territorial, Ana Ortiz, participou este venres na presentación da segunda parte da iniciativa “Nadal en Zona Náutico”

28/11/2024 | 20:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa en Verín na entrega de premios da segunda quenda da campaña ‘Merca no teu comercio’ na provincia de Ourense

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, pon en valor esta iniciativa desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio á que están adheridos máis de 550 comercios en toda a provincia

25/11/2024 | 19:35 | C. do Mar

A Xunta avanza na dinamización das peixerías tradicionais mediante cursos de innovación e adaptación ás novas tendencias de consumo

A Consellería do Mar desenvolve esta iniciativa en colaboración con Fedepesca co obxectivo de introducir nestes establecementos novos produtos e servizos co obxectivo de atraer a novos clientes  

21/11/2024 | 13:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza en Vigo un novidoso sistema de consumo para a reclamación dixital na defensa dos usuarios

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves  esta iniciativa nun establecemento comercial das Travesas

21/11/2024 | 11:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o labor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia polo seu 30º aniversario e o liderado do seu laboratorio

José González destaca que o Laboratorio galego é o único oficial público na materia acreditado pola ENAC, líder estatal no control e comunicación de alertas de produtos inseguros co fin de blindar os dereitos dos consumidores e potenciar o comercio local

16/11/2024 | 19:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforzará no 2025 a promoción da artesanía e produtos galegos a través da rede de centros da colectividade no exterior

José González expresou o seu recoñecemento ao traballo deste Centro, fortemente vencellado á Costa da Morte, no fomento das tradicións e da identidade galega, actuando de nexo cos emigrantes afincados tamén en Alemaña, Austria e Suíza