Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 694 novas da área temática i+D+i:

01/04/2025 | 15:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta difunde as oportunidades de financiamento en Europa nos eidos da innovación cultural, social e sensibilización social cara a ciencia

A Axencia Galega de Innovación celebra hoxe unha xornada informativa sobre convocatorias 2025 de Horizonte Europa 

28/03/2025 | 15:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a Intelixencia Artificial abre un campo de oportunidades para a industrialización do sector da construción

Covadonga Toca interveu hoxe na Xornada de intelixencia artificial para a construción, organizada polo clúster do sector en Galicia que, segundo dixo, é unha industria que representa o 5,7 % do PIB autonómico, confórmana case 12.730 empresas e dá emprego a máis de 133.000 persoas traballadoras

28/03/2025 | 14:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a competitividade das empresas galegas para acceder ao mercado das tecnoloxías duais, para o seu uso civil e de defensa

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe en Silleda o espazo expositivo do Polo Aeroespacial de Galicia na Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (SEDEXPO)

28/03/2025 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez apoia en Bruxelas o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que compite nunha feira científica cun motor de hidróxeno deseñado por eles

O equipo galego, integrado por cinco alumnos de Bacharelato, cunha proposta como alternativa sostible aos combustibles fósiles, mídese con 50 equipos de 15 países

27/03/2025 | 16:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón no evento Microsoft AI Tour o software EMi como exemplo da súa aposta pola modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia

O Goberno galego foi convidado pola organización a participar nesta cita na que a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, explicou que EMi se apoia na IA para casar oferta e demanda no mercado laboral

27/03/2025 | 15:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva o legado do Matemático Rodríguez ao Parlamento Europeo como figura universal da ciencia

O conselleiro Ciencia, Román Rodríguez, participa en Bruxelas na inauguración da exposición itinerante José Rodríguez. O matemático de Bermés

27/03/2025 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha delegación de diferentes comunidades coñece o modelo de I+D+i da FP galega nos centros Eduardo Barreiros de Ourense e As Mercedes de Lugo

A directora xeral de Formación Profesional da Xunta acompaña aos representantes de FP noutras autonomías que participan no Congreso FP Innova que conclúe mañá

25/03/2025 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha trintena de representantes de todos os gobernos autonómicos, do Ministerio e do CSIC participan desde mañá no Congreso FP Innova 2025

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, dálles a benvida esta tarde á cita organizada pola Xunta nunha recepción en Santiago

24/03/2025 | 15:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta planifica un investimento de 15 M€ para que a UDC constrúa o novo Edificio de Investigación e Innovación na Industria EI3 no campus de Ferrol

Rueda asegura que esta medida busca consolidar este campus como un “referente” en eidos coma “o naval, os materiais, a robótica ou as enerxías verdes”

19/03/2025 | 15:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía a oferta de servizos do programa Oportunius para mellorar a captación de axudas do Consello Europeo de Investigación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, inaugura a xornada ‘Train the trainers: Programa de apoio á preparación de propostas ao ERC’