Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana lembra que as empresas poden solicitar ata o 30 de setembro as axudas 'Galicia Exporta' destinadas a impulsar a internacionalización
A conselleira de Economía e Industria visitou as instalacións do Grupo Internaco, beneficiario deste programa
A Xunta destaca a boa acollida da nova convocatoria do Moves III con máis de 3.500 solicitudes para a compra de automóbiles e instalacións de puntos de recarga
Lembrou que as axudas poden alcanzar os 9.000 euros por vehículo en función das características e do tipo de solicitante e ata o 80 % do custe subvencionable para a instalación de infraestruturas de recarga e que o prazo permanecerá aberto ata o 31 de decembro
A Xunta apoia con 120.000 euros ao parque empresarial de Santa Comba para renovar as súas infraestruturas e para incrementar a súa competitividade
A delegada da Xunta explicou que estas axudas buscan dar resposta ás novas necesidades que teñen os polígonos de Galicia para fixar e atraer novos investimentos
Lorenzana anuncia que as empresas poden participar ata o 22 de setembro no diálogo público aberto para desenvolver a nova Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo
Indica que o Goberno galego quere coñecer de primeira man as necesidades reais das empresas a curto, medio e longo prazo para definir a colaboración público-privada e axeitar os instrumentos de apoio e investimento
Lorenzana destaca o potencial de Ordes para a dinamización empresarial e a captación de investimentos
Subliña o compromiso da Xunta co desenvolvemento de solo industrial, un piar “fundamental para xerar riqueza” e pon en valor a situación estratéxica do municipio
A Xunta outorga a autorización ambiental integrada ao proxecto que Biofibras de Galicia prevé desenvolver nas Pontes, completando así a tramitación ambiental
A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, é un paso máis na tramitación do expediente, que agora pasa á Consellería de Economía e Industria, como órgano substantivo, para a súa autorización definitiva ou non
A Xunta concede 4 millóns de euros para impulsar preto de medio cento de proxectos de innovación empresarial a través do programa Igape Innova
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución coas iniciativas seleccionadas, que permitirán mellorar procesos e organizacións e impulsar o deseño de novos produtos e servizos en pemes e grandes empresas galegas
A Xunta remite para tramitación ambiental o plan de ordenamento do polígono de Carballiño-Maside, que creará case 890.000 m2 de solo industrial na comarca
O Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (Peose) multiplica por 2,6 a capacidade do actual polígono