Actualidade
Buscador de novas
Patrimonio Cultural autoriza o proxecto básico do concello de Vigo para o túnel de Elduayen
A Dirección Xeral comunica á administración local o informe favorable ao paso subterráneo que unirá a Porta do Sol e o Barrio do Cura
Martina Aneiros visita os traballos da terceira campaña arqueolóxica no castro de Esmelle
A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta mañá, xunto ao alcalde de Ferrol, o reitor da UDC, a vicerreitora do Campus de Ferrol, e representantes municipais e veciñais, nunha visita guiada ao xacemento da man dos directores da escavación, Samuel Nión e Juan Luis Montero Fenollós
A Xunta inaugura a ampliación do Museo Massó tras un investimento de 1,4 M€ para erixilo nun referente de primeiro nivel do patrimonio mariñeiro de Galicia
López Campos salienta que a intervención incorpora as naves da antiga conserveira e dúas plantas da fábrica de salgadura Piñeiro, “co que se duplica o espazo expositivo”
Manuel Pardo destaca os preto de 260.000€ que destina a Xunta en 15 intervencións arqueolóxicas na provincia de Ourense
O delegado territorial explicou que esta actuación forma parte das intervencións arqueolóxicas que para o ano 2025 promove a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través do seu servizo de Arqueoloxía, destinadas ao coñecemento, conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico de Galicia
A Xunta constitúe o Comité que impulsará as actuacións de carácter estratéxico definidas na Lei do litoral
O comité analizou os últimos avances nos traballos de elaboración do Catálogo de bens de valor cultural no litoral, coa execución de visitas de campo para actualizar os datos dispoñibles, e no deseño da Gran senda pola costa que conectará Ribadeo e A Guarda
A Xunta cataloga a antiga casa cuartel da Garda Civil de San Xurxo de Sacos
O Diario Oficial de Galicia publica a inclusión do inmoble, situado no concello de Cercedo-Cotobade, no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia