Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 555 novas da área temática Auga:

08/02/2025 | 10:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 324.000 € os traballos de supervisión sobre o funcionamento e seguridade das 3 presas de abastecemento que xestiona Augas de Galicia

O servizo abrangue os encoros de Eiras, Baiona e O Con e inclúe, entre outras tarefas, a actualización do inventario dos instrumentos de medición e sensores instalados nas mesmas, labores de mantemento, toma de lecturas e redacción de informes

06/02/2025 | 15:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa as obras da nova EDAR de Sergude cun investimento de máis de 1,8 M€ para triplicar a capacidade de depuración na contorna

A instalación está preparada para dar servizo a unha poboación equivalente de 3.000 persoas e foi construída ao abeiro dun convenio de colaboración entre o Executivo galego e o Concello de Boqueixón

04/02/2025 | 18:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Gondomar avalían vías de colaboración en materia de saneamento e prevención de inundacións

Analizaron o proxecto para mellorar a estación depuradora de augas residuais, que incluiría unha liña de lamas e decantación secundaria adicional

31/01/2025 | 15:10 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o gran potencial de Galicia en enerxías renovables e aposta por aproveitalo dun xeito sustentable

Resalta que a nosa comunidade é un referente na produción de enerxía hidráulica e eólica

26/01/2025 | 17:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 3,76 M€ as obras de mellora do abastecemento no municipio de Ares

A actuación ten como fin poñer á disposición da veciñanza auga potable de calidade, presións de subministración axeitadas e garantir en todo momento o servizo

24/01/2025 | 19:06 | C. do Mar

Villares resalta aos Galp como instrumentos esenciais na transformación e dinamización da actividade pesqueira galega

O conselleiro do Mar visita o proxecto financiado pola Xunta, a tavés do Galp Ría de Arousa, e que permitu a adquisición de maquinaria para o marisqueo cunha achega autonómica de máis de 108 mil euros

21/01/2025 | 18:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Narón avalían vías de colaboración para acometer a mellora do colector xeral do río Freixeiro

Ángeles Vázquez explica a posibilidade de optar á declaración de interese xeral do Estado, que foi a fórmula empregada noutros proxectos de grande envergadura como as obras de construción da nova EDAR da Silvouta, no concello de Santiago de Compostela

21/01/2025 | 16:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima a licitación das obras de mellora do abastecemento a Ribadeo e Trabada, cun investimento de máis de 8,5 M€ e que beneficiará a case 10.000 persoas

Roi Fernández subliña o compromiso do Goberno galego cunha actuación “clave” para o benestar da veciñanza e na que a maior achega económica será autonómica

21/01/2025 | 14:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Vilamarín destinan preto de 230.000 euros a dotar de servizo de abastecemento aos núcleos de Xagrade e O Vilar

A Administración autonómica asume máis do 90% do investimento e o concello aporta a porcentaxe restante