Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convocará unha poxa para adxudicar 142 locais comerciais e 369 prazas de garaxe propiedade do IGVS en edificios residenciais de promoción pública
Rueda resalta que sairán a poxa para mercar ou alugar todos os inmobles deste tipo que o organismo autonómico “ten dispoñibles actualmente”
Reguera visita as obras do camiño de Esperón a Xuviño, en Poio, no que a Xunta investiu preto de 50.000 euros
Os traballos permitirán mellorar a seguridade viaria da veciñanza da zona
A Xunta convoca ao concello de Vigo a unha reunión técnica para axilizar a aprobación definitiva do PXOM
A xuntanza, proposta para este venres, en Santiago, ten como fin avanzar na resolución das eivas e cuestións detectadas durante a revisión do documento para poder emitir o antes posible o informe autonómico preceptivo para a súa aprobación definitiva
A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-615 ao seu paso polo concello do Saviñao
Continuarán as tarefas en marcha na provincia de Lugo na vía de altas prestacións CG-2.3, en Viveiro e en Xove
A Xunta pon en valor o papel dos profesionais do urbanismo e da arquitectura para avanzar cara a unha ordenación sostible do territorio
Encarnación Rivas lembra que na actualidade 121 concellos xa contan con planeamentos urbanísticos, que benefician ao 40 % da poboación da Comunidade
A Xunta aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Navia de Suarna
Encarnación Rivas explica que será unha ferramenta fundamental para a súa ordenación territorial e para poder beneficiar aos arredor de 1.100 habitantes
A Xunta consultiva de urbanismo aclara que a Lei do solo de Galicia prevalece sobre as determinacións dos plans de ordenación municipal en solo rústico
Este órgano consultivo ten como obxectivo o asesoramento de forma áxil e eficaz tanto ás administracións como aos axentes económicos e sociais implicados na ordenación do territorio e o urbanismo
A Xunta publica no DOG as convocatorias de axudas para que os concellos minimicen as perdas de auga e realicen auditorías nas redes de saneamento cun importe global de máis de 1 M€
Destínase un orzamento de case 738.000 € á 1ª convocatoria de incentivos dirixida aos concellos que conten xa cunha auditoría das redes municipais de abastecemento e teñan aprobado o Plan de actuacións para atallalas
A Xunta abre mañá a convocatoria do Plan específico de acción comunitaria destinado ao movemento veciñal
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con tres millóns de euros para a execución de melloras nas instalacións de asociacións de veciños e de mulleres rurais, así como nas de comunidades de usuarios de augas