A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión coa alcaldesa de Viveiro
2025-03-28
/documents/35297/1649673/250328_Vivenda_ReuAlcldesaViveiro_MAC-0.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde González.
Neste encontro, que se desenvolveu en San Caetano, a conselleira e a alcaldesa abordaron posibles actuacións en materia de vivenda e infraestruturas neste municipio lucense.
M. Allegue e Gueimunde coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do municipio.
Data de actualización: 28/03/2025