Actualidade
Buscador de novas
Villares asina un novo convenio de colaboración coa federación galega de redeiras ‘O Peirao’ para apoiar a súa actividade en favor destas profesionais
O conselleiro do Mar puxo en valor esta actividade no marco do sector pesqueiro galego e louvou o traballo desenvolvido por esta entidade na defensa, recoñecemento e mellora das súas condicións laborais
A Xunta outorga a condición de auga termal para uso lúdico ao manancial dos Baños de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade
Esta declaración é un requisito indispensable para que o Concello poida solicitar a condición de instalación de aproveitamento lúdico para este espazo
A Xunta ultima as obras de mellora da estación depuradora de Tragove que dá servizo aos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa
Ángeles Vázquez explica que esta actuación, que supuxo un investimento de preto de 4 M€, está deseñada para dar servizo aos preto de 12.000 habitantes esperados no horizonte do ano 2044
A Xunta destaca o incremento de 1 M€ nas axudas para as entidades veciñais ata acadar este ano os 4 M€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou hoxe en Ponteareas que, coa nova convocatoria que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia, o Goberno galego dá resposta á elevada demanda e ao éxito da orde nos últimos anos
A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a profesionalización do sector para optimizar a xestión dos recursos hídricos en Galicia
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a cursos e xornadas tanto presenciais como telemáticos e con contidos teóricos e prácticos
O Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia mellora a súa rede de estacións océano-meteorolóxicas cunha nova plataforma de observación na Ponte de Rande
A nova infraestrutura permitirá incorporar sensores e solucións tecnolóxicas desenvolvidos no marco do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia polo IEO-CSIC, IIM-CSIC e a Universidade de Vigo
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 1,1 km do río Miñor ao seu paso por Gondomar
As tarefas encargadas por Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de dúas semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa da canle fluvial
A Xunta destina preto de 130.000 € ao servizo de análise sanitaria de poboacións piscícolas dos ríos galegos
O contrato, que vén de ser licitado, permitirá realizar a toma de mostras para a vixilancia e control do estado sanitario dos seres que habitan as augas galegas nos vindeiros dous anos
A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora para mellorar o servizo de saneamento no concello de Salvaterra de Miño
Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2025
A Xunta respalda ao Club de Remo da Pobra do Caramiñal e avalía as posibles vías de colaboración tras o incendio rexistrado nas súas instalacións
O conselleiro do Mar trasladou á entidade deportiva a proposta de colaboración con Portos de Galicia para a posta a disposición dunha nova nave a través dunha autorización administrativa de xeito inmediato