Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 321 novas da área temática Industria:

15/03/2023 | 20:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa colaboración para darlle unha segunda vida a Alu Ibérica na Coruña

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reuniuse hoxe con representantes de Resonac e Ignis para afondar no plan industrial que propoñen

15/03/2023 | 16:11 | C. do Mar

A Xunta e a industria de produtos do mar conxelados investirán 400.000 euros en distintas accións de promoción para impulsar a competitividade do sector

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e Conxemar para a mellora da comercialización destes elaborados da pesca, marisqueo e acuicultura ao longo deste ano

15/03/2023 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Observatorio de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia actualiza os prezos asociados ao servizo para facilitar simulacións sobre o seu custo

Os datos do Observatorio revelan que se triplicou o custo do financiamento nos últimos 12 meses, incrementándose o tipo de xuro en máis dun 6 % de decembro para xaneiro

14/03/2023 | 15:17 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda salienta o potencial de Galicia como centro industrial e loxístico do sector emerxente da eólica mariña

Considera o desenvolvemento da eólica mariña unha “grande oportunidade” que vai xerar riqueza e empregos, polo que insta a “non deixala pasar”
 

13/03/2023 | 10:12 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 2,5 M€ a 164 particulares e empresas para impulsar a madeira como elemento estrutural na construción

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destas achegas convocadas o ano pasado

10/03/2023 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con Benteler para facer das súas dúas plantas en Galicia un modelo de fábrica intelixente para todo o grupo

A empresa, beneficiaria do programa Fábrica Intelixente, desenvolveu un proxecto que permite a interoperabilidade entre as diferentes plantas cun sistema totalmente integrado e monitorizado de produción

09/03/2023 | 15:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria 13 proxectos eólicos que teñen como obxectivo garantir a subministración de enerxía a longo prazo a Alcoa e o Grupo Cortizo

Trátase de 11 iniciativas promovidas por Greenalia Wind Power, unha de Iberdrola Renovables Galicia e outra de Enel Green Power España que suporán 356 MW e un investimento de 380 M€

08/03/2023 | 17:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta advirte da necesidade de financiamento europeo para que a automoción poida seguir medrando canda Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración do XXXII Salón do automóbil e a motocicleta de Vigo