Actualidade
Buscador de novas
Ángeles Vázquez salienta o compromiso do concello de Vilamarín co fermosismo e a protección da paisaxe
No ano 2025 a Xunta destinará 2 M€ para apoiar a entidades locais e particulares na corrección de impactos paisaxísticos
A Xunta aposta polo aproveitamento sustentable do sector da madeira en Galicia
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou na xornada Edificando en Madeira: Unha oportunidade para Navarra
A Xunta recibe once ofertas para a reforma e mellora de rúa en Fumaces, no concello de Riós
A intervención, licitada por preto de 270.00€ consiste na execución das obras necesarias para facilitar a accesibilidade neste núcleo do municipio ourensán polo que pasa a Vía da Prata, contribuíndo á mellora paisaxística da contorna do Camiño de Santiago
A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no concello de Cartelle
Trátase de acondicionar a praza para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social dos veciños
A Xunta recibe seis ofertas para executar as obras de humanización de varias prazas do concello de Coristanco
A actuación, licitada por preto de 300.000 euros, permitirá acondicionar as prazas de San Antonio e do Cruceiro, na parroquia de San Lourenzo da Agualada, e a rúa e a praza de San Roque, na parroquia de Santa María de Traba
A Xunta recibiu 16 ofertas para a demolición da edificación sen rematar no Camiño Real, na zona da praia de Lapamán, en Marín
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) licitou estes traballos por 182.827€
A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Beariz para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe ao alcalde de Beariz, Manuel Prado, da resolución pola que se aproba inicialmente este instrumento que permitirá ao Concello ofrecer capacidade de acollida residencial e económica
A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras para a humanización da travesía de Palmeira, no concello de Ribeira
Esta intervención no treito urbano de algo máis de 1 quilómetro da AC-305 parte dunha proposta da fundación RIA e suporá un investimento de preto de 2,8M€