Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 789 novas da área temática i+D+i:

28/07/2025 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que a Fundación Galtia lanzará en 2026 a súa primeira convocatoria para captar investigadores de máximo nivel

Salienta que o obxectivo “é incorporar 30 investigadores de máximo prestixio internacional ata 2030”

20/07/2025 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia escala nove posicións no ránking das rexións europeas máis innovadoras

Segundo o informe da Comisión Europea, a Comunidade é a segunda de España que máis evoluciona e sitúase entre as 25 zonas de Europa con mellor comportamento

19/07/2025 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro de Supercomputación de Galicia incorpora un investigador do prestixioso programa Ramón y Cajal

O conselleiro de Ciencia recibe ao científico Pablo Ouro, que levaba 12 anos en Reino Unido e centrará a súa investigación no ámbito das enerxías renovables

18/07/2025 | 15:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita polo seu 10º aniversario ao CRETUS, que conta cun apoio da Xunta de máis de 3 M€

O conselleiro destaca o labor do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais da USC, acreditado polo Goberno galego como membro da Rede CIGUS pola súa excelencia

17/07/2025 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O equipo da área de talento e transferencia da Axencia Galega de Innovación intégrase nas instalacións do CIFP Ferrolterra para fomentar a I+D+i

A directora xeral de FP e a directora da Axencia Galega de Innovación poñen en valor esta colaboración en innovación e emprendemento no tecido empresarial da comarca

15/07/2025 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanza o programa Activa I+G+i cun investimento de case 53 M€ para fomentar a transferencia

Rueda anuncia a posta en marcha do primeiro programa de axudas ao abeiro do Plan galego de investigacón e innovación  2025-2027

15/07/2025 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a aposta do programa Emega como impulso dos emprendementos femininos no eido da innovación e da tecnoloxía

Unha das modalidades que contempla o programa é Emega Innova, con apoio de ata 42.000 euros para proxectos de carácter innovador

13/07/2025 | 10:58 | C. de Facenda e Administración Pública

O Consello Galego de Intelixencia artificial debate o programa para o desenvolvemento e aplicación desta tecnoloxía na Xunta ata 2027

Na primeira reunión executiva deste órgano, creado para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia, debatéronse as liñas da resposta de Galicia á consulta da Comisión Europea sobre os sistemas de IA de alto risco

13/07/2025 | 10:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia a 68 investigadores posdoutorais para que afiancen a súa traxectoria en Galicia

A Consellería de Educación adxudica os contratos de 2025 por 18M€ para incorporar 49 novos investigadores a formación completa e facilitar a continuidade doutros 19

11/07/2025 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica en Ourense o liderado galego no sector aeroespacial co novo edificio da Escola de Enxeñería Aeronáutica

O edificio inclúe un financiamento de 6,3 millóns por parte da Xunta, o 60% do total, e contará con 6.500m2 de superficie