A Xunta recoñece os 45 mellores proxectos de innovación na FP con 1 M€

As propostas abranguen desde melloras tecnolóxicas ou científicas vinculadas a procesos produtivos reais ata o deseño de recursos didácticos ou orientación laboral

As especialidades máis presentes son as de Transporte e mantemento de vehículos, Madeira, Electricidade e Hostalaría e Turismo

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP premia os mellores proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional cun investimento global de un millón de euros. Estes galardóns teñen como finalidade impulsar a calidade, a excelencia e a conexión co tecido produtivo, promovendo o traballo colaborativo entre centros educativos, empresas e outras entidades.

Na edición deste ano foron recoñecidas 45 iniciativas, nas que participan 30 centros como coordinadores, ademais doutros 45 centros colaboradores e 76 entidades asociadas. As propostas abarcan desde o deseño de materiais e recursos didácticos ata melloras tecnolóxicas ou científicas vinculadas a procesos produtivos reais. Tamén se inclúen actuacións para a orientación profesional do alumnado co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral e combater o abandono escolar. As especialidades máis presentes nos proxectos premiados son as de Transporte e mantemento de vehículos, Madeira, moble e cortiza, Electricidade e electrónica, e Hostalería e turismo.

A iniciativa enmárcase na Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030, que aposta pola innovación, a dixitalización e o emprendemento como eixes para transformar o modelo educativo da FP. Esta estratexia promove unha FP conectada coa realidade das empresas e adaptada aos cambios do mercado laboral, reforzando a colaboración público-privada como garantía de calidade.

MODALIDADE A

Provincia da Coruña:

 

Localidade

 

 Provincia da Coruña

CIFP Ferrolterra

Ferrol

AbeiroTec

CIFP Ferrolterra

Ferrol

SCOUT Mobile

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Ferrol

XesRes: Xestión de reservas en espazos compartidos

IES de Melide

Melide

Patróns e modelos por corte láser e impresión 3D

CIFP Politécnico de Santiago

Santiago

Diagnose avanzada do automóbil por termografía

IES Lamas de Abade

Santiago

Deseño, elaboración e personalización de protectores bucais e dispositivos portátiles de desinfección

CIFP Fraga do Eume

Pontedeume

Acuaponia Drink

IES de Arzúa

Arzúa

Innovación e transferencia tecnolóxica/científica dos métodos de extracción de resina en Galicia

 Provincia de Lugo:

CIFP Politécnico de Lugo

Lugo

brAInbot: Robot Colaborativo para Xogos de Estratexia con Intelixencia Artificial

CIFP Politécnico de Lugo

Lugo

Cestaría e moble: Unindo tradición e deseño

IES María Sarmiento

Viveiro

Metaverso e-Motion

IES A Pinguela

Monforte de Lemos

Reutilización e valorización de residuos de cabelo para a extracción de biomateriais sostibles

 Provincia de Ourense:

IES 12 de

Outubro

Ourense

Rituais tripla fusión Cosmética, Galénica e Gourmet

CIFP A Farixa

Ourense

Dixitalización na valoración física con acelerómetros e intelixencia artificial

CIFP de Vilamarín

Vilamarín

Revolucionando a hostalería e o turismo mediante un modelo de economía circular integrando a tecnoloxía de impresión 3D.

CIFP Portovello

Ourense

Smart Office 4.0 APP IA based

Provincia de Pontevedra:

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A Estrada

 

Natureza e Innovación: Taboleiros con alma sostible

CIFP Montecelo

Pontevedra

EcoGlow Area

MODALIDADE B

 

 

 

Provincia da Coruña:

IES Monte Neme

Carballo

Pin. Patrimonio intelixente. Conservación e divulgación

CIFP Ferrolterra

Ferrol

Estudo, deseño e construción dun kartcross eléctrico, ekart.

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Ferrol

Simulación de xuízos baseados en evidencia informática para o adestramento de peritos

CIFP

Compostela

Santiago

Espazo virtual de adestramento didáctico dun espectrodensitómetro

IES de Ortigueira

Ortigueira

OrtiSELFIE

CIFP Ánxel Casal

- Monte Alto

A Coruña

ResiTech

Provincia de Lugo:

CIFP Politécnico de Lugo

Lugo

Modelo intelixente para a didáctica de elementos estruturais de construción

CIFP Politécnico de Lugo

Lugo

RumedSim: Simulador da central de esterilización ao servizo da Formación Profesional

CIFP As

Mercedes

Lugo

Learning in intelligent driving assistance systems

 

Provincia de Ourense:

CIFP A

Carballeira- Marcos Valcárcel

Ourense

Plataforma de simulación háptica en realidade estendida para o adestramento en identificación de síntomas e lesións

Provincia de Pontevedra:

CIFP Valentín Paz Andrade

Vigo

Simulador VR de instalacións de refrixeración industrial con amoníaco

CIFP Valentín Paz Andrade

 

Vigo

Deseño, mecanizado e inxección dun molde con cámara quente e secuencial para incorporalo a inyectora de plásticos

CIFP Valentín Paz Andrade

Vigo

HYBRID3: Adestrador didáctico de tracción híbrida e eléctrica

IES de Vilalonga

Sanxenxo

O Parque Micolóxico: un espazo gastrodidáctico

CIFP

Audiovisual de Vigo

Vigo

Arquivo Educativo Audiovisual Galego (AEAG)

CIFP de Cantería de Galicia

Poio

Procesos artísticos e técnicos na vosa man (PAT APP)

MODALIDADE C

 

 

 

Provincia da Coruña:

CIFP Fraga do Eume

Pontedeume

InnovAPP

Provincia de Pontevedra:

CIFP Manuel Antonio

Vigo

Transforma os teus intereses na túa profesión

CIFP Carlos Oroza

Pontevedra

As portas do Oroza. O futuro profesional á túa medida

 

Data de actualización: 14/09/2025