Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia a aposta de Aceesca pola integración laboral das persoas con discapacidade intelectual
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social visitou hoxe no Porriño a cafetaría Lume, onde se desenvolve un proxecto de formación dual da Asociación de apoio ás persoas con diversidade intelectual financiado polo Goberno galego
A Xunta publica as axudas para apoiar ás familias que reduzan a xornada laboral por coidado de menores e favorezan a corresponsabilidade
A convocatoria deste ano, dotada de 620.000 euros, ofrece axudas que poden oscilar entre os 1.700 e os 3.700 euros por un período máximo de oito meses
A Xunta recoñece o talento do equipo de Down Ourense que gañou a liga nacional de debate
Un dos participantes fíxose, ademais, co premio individual como mellor orador
A Xunta colabora coa andaina solidaria a favor de Aspnais que organizan Amigos do Camiño e a Garda Civil
Está aberto o prazo de inscrición para a ruta, que se celebrará o 29 de setembro e discorrerá ao longo de 10 quilómetros entre Lugo e Bascuas
Comezan os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia
Na edición deste ano ofértanse 250 prazas repartidas entre as dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, no Carballiño e Panxón (Nigrán), e no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)
Belén do Campo informa a Afaco da renovación do convenio para manter o seu centro terapéutico en Salvador de Madariaga durante catro anos máis
A delegada lembrou que esta entidade conta, este ano, con apoios da Consellería de Política Social e Igualdade para financiar as prazas de atención diúrna e para contratar mulleres que sofren violencia de xénero e cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de traballadores desempregados